Liteira (moble)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liteiras no portaavións Clemenceau.
Fotografía dunha liteira.

Unha liteira é cada unha das camas ou leitos que se colocan un enriba do outro[1]. Tamén se denomina así ao conxunto, o móbel composto destas camas. A miúdo son utilizadas en espazos reducidos e en particular en cuartos infantís, permitindo que dous ou máis nenos durman no mesmo cuarto. O espazo optimízase máis aínda ao colocar caixóns baixo a liteira nos que se gardan xoguetes, roupa de cama etc. O hábitat orixinal destes móbeis son as embarcacións, albergues, internados, prisións, trens etc.

Tipos de liteiras[editar | editar a fonte]

A liteira máis común caracterízase por ter dous colchóns de tamaño idéntico colocados un enriba do outro. A liteira de colchón individual sobre un matrimonial ten a mesma función do estándar, pero o colchón matrimonial de maior tamaño colócase na liteira inferior, por baixo do colchón individual.

Un sofá cama de liteira é como unha liteira estándar, coa excepción de que a liteira inferior é un colchón reclinábel que se transforma en cama. Os sofás cama de liteira pódense utilizar para aforrar espazo en cuartos ou apartamentos, xa que a cama de embaixo pódese usar como sofá polo día. Nun sofá cama de liteira en forma de «L», a cama inferior oriéntase de xeito perpendicular coa liteira superior, o cal crea un espazo adicional que pode ser empregado como repisa ou andel. É perigoso porque, por un desaxuste dalgún parafuso, pode caerlle a cama a calquera obxecto ou persoa que estea neste móbel.

A cama con liteira alta é coma un camarote que tan só ten a cama superior, o cal deixa un espazo inferior que se pode amoblar con armarios, andeis ou até un escritorio. Estas camas de liteira alta utilizan e aproveitan o espazo vertical de xeito eficiente.[2]

Existen tamén liteiras de 3 camas cuxa cama inferior é de tipo dúplex ou cama niño. Neste caso faise chamar triliteira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición no dicionario da Real Academia Galega.
  2. "Bunk Beds". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]