Pepe Barro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé María Pérez Barro»)
Infotaula de personaPepe Barro

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(gl) Xosé Barro Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador gráfico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: BarroDesign Youtube: UCOHlKTT-OqrBZIXP9ZQg_-g Dialnet: 2690441 Editar o valor em Wikidata

Xosé María Pérez Barro, coñecido como Pepe Barro, nado en 1955 en Pontedeume, é un deseñador, ilustrador e escritor galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cartaz deseñado por Pepe Barro para o Día Nacional de Galicia de 1978.[2]

Primeiro como independente (1977), despois á fronte do Grupo Revisión (1985)[3] ou desde Barro Deseño (2013)[4] leva desenvolvendo traballos de deseño editorial coma o do semanario A Nosa Terra (1977), o Diario de Galicia (1987), a revista Tempos (1996), e as publicacións de Turgalicia entre 2001 e 2004.[5] No 2000 o Museo Raíña Sofía elixiu o de Turgalicia como un dos cen logos do século XX.[6] Tamén proxectou a identidade corporativa da Universidade da Coruña, o Consello da Cultura Galega, Edicións Xerais, Denodo e Culturgal. Tamén deseñou exposicións como a do centenario da Real Academia Galega (2006); Rosalía de Castro, no principio foi o verso (2013)[7], ou a Casa-Museo Manuel Antonio (2011)[8]

En 2016 deseñou as exposicións Con-fío en Galicia[9]; Saúde e Terra, irmá(n)s!, centenario das Irmandades da Fala[10], Galicia 100, obxectos para contar unha cultura[11]. En 2017 concluíu a renovación museolóxica e museográfica da Casa Museo de Rosalía. Outros traballos seus son os deseños para a selección galega de fútbol, a caixa de ovos do pazo de Vilane[12], os albariños Terra de Asorei e mesmo os primeiros «cuponazos» da ONCE.[13] Ademais ilustrou libros como Arnoia, Arnoia ou Cantares gallegos.[14]

Deseñou o Museo Ramón Cabanillas de Cambados inaugurado en 2021.[15]

É membro da Asociación Galega de Deseño (DAG).[16]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • O como é o que conta (2004), autoedición. Trinta artigos sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura, edición de cen exemplares asinados e numerados.[17]
  • Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (2018), Xerais, 304 páx. ISBN 978-84-9121-426-7. Segundo a editora: "Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual[18]".

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio da Crítica Galega en 1983.[19]
  • Premio Galicia de Deseño Ateneo de Ourense en 1984.[20]
  • Premio Xerais á Cooperación Editorial en 2000.[21]
  • Premio AEPD en 2006.[5]
  • Premio de Honra do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia en 2017.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  2. "Feliz Día da Patria con este cartaz deseñado por min hai 44 anos". Twitter. 25 de xullo de 2022. 
  3. "Barro, Salgado, Santana (Grupo Revisión Deseño)". gruporevision.net. Arquivado dende o orixinal o 24/01/2021. Consultado o 20/12/2018. 
  4. "Barro Deseño". pepebarro.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  5. 5,0 5,1 "feet 2010" (PDF). xunta.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  6. "Pepe Barro". didac.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  7. "A exposición ‘No principio foi o verso. Rosalía de Castro’ inaugurarase o 15 de maio". rosalia.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  8. "Casa museo Manuel Antonio". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  9. "Con-Fío en Galicia". confioengalicia.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  10. "Saúde e terra, irmá(n)s" (PDF). academia.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06/03/2021. Consultado o 20/12/2018. 
  11. "«Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura» en A Coruña". afundacion.org. Consultado o 20/12/2018. 
  12. Pepe Barro, creador de la caja de huevo campero Pazo de Vilane (You Tube). 20/12/2018. 
  13. "Entrevista a Pepe Barro". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  14. Ilustracións de Pepe Barro para 'Cantares gallegos' (You Tube). 20/12/2018. 
  15. Deseño, DAG-Asociación Galega de. "Pepe Barro deseña o novo Museo Ramón Cabanillas de Cambados". dag.gal. Consultado o 2021-07-12. 
  16. "Socios". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  17. "O como é o que conta. O libro achega un feixe de artigosde Pepe Barro sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura.". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  18. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  19. "Pepe Barro". premiosdacriticagalicia.org. Arquivado dende o orixinal o 28/01/2021. Consultado o 20/12/2018. 
  20. "Pepe Barro". escolarte.com. Arquivado dende o orixinal o 12/08/2020. Consultado o 20/12/2018. 
  21. "As tres Rosalías de Pepe Barro na EASD Antonio Faílde". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]