Xosé María Castellano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé María Castellano
Medalla de Galiza.svg
Xosé María Castellano, 2012.JPG
Xosé María Castellano nunha rolda de prensa en 2012.
Nome completo José María Castellano Ríos
Nacemento 1947
Lugar A Coruña, Galicia Galiza
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación Empresario
editar datos en Wikidata ]

Xosé María Castellano Ríos, nado na Coruña en 1947, é un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou e licenciouse en Económicas e Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar no departamento tecnolóxico da aseguradora Aegon, dende onde pasou á filial española da alimentaria Conagra como director financeiro e logo como director xeral. En 1984 incorporouse a Inditex, a empresa onde forxaría a maior parte da súa carreira empresarial, e na que permaneceu 21 anos.

Catedrático de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade da Coruña, no grupo téxtil galego chegou a ocupar (1997) os postos de vicepresidente e conselleiro delegado do grupo téxtil Inditex. Como conselleiro delegado deixoulle o paso en 2003 a Pablo Isla, e en 2005 dimitiu de todos os seus cargos[1] en desacordo coa intención, logo fracasada, do fundador de Inditex Amancio Ortega de mercar Unión Fenosa.

Con posterioridade a Inditex foi nomeado membro do consello de administración de diversas empresas, entre elas Fadesa, Ono, Puig, Adolfo Domínguez, Rothschild (banco de investimento do que é vicepresidente para España), Kiluva (Naturhouse), Indukern. Einsa, La Voz de Galicia ou Tous. En novembro de 2008 nomeárono presidente de Ono, en substitución de Eugenio Galdón.

Pero en 2011 a súa carreira vira de novo ao prometer achegar capital para a reestruturación económica de Nova Caixa Galicia en banco, a cambio de facerse coa dirección executiva da entidade resultante o NCG Banco[2]. Nese momento cesa como vicepresidente de La Voz de Galicia[3], pero non a presidencia de Ono. En xuño anúnciase que a partir de agosto será o presidente executivo da nova entidade[4].

Galardóns[editar | editar a fonte]

Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 2004.

Notas[editar | editar a fonte]