ONO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ono")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Logo de ONO.

ONO (Vodafone Ono S.A.U.[1]) é unha empresa de telecomunicacións filial de Vodafone España S.A.U. que opera en España dende 1998. Ofrece de maneira integrada servizos de voz, televisión de pago e acceso a Internet a través da súa propia rede de banda larga por cable.

ONO adquiriu diversas empresas de telecomunicacións, sendo a compra máis importante a de Auna en novembro de 2005, para converterse na empresa de cable máis importante de España[Cómpre referencia]. Úneselle ademais o servizo de telefonía móbil abrangue a licenza de OMV grazas a un acordo con Telefónica.

Presidida durante moitos anos por Eugenio Galdón, en 2008 foi substituído polo galego Xosé María Castellano. No ano 2014 tras comprar Vodafone España o grupo Ono por 7200 millóns de euros, Antonio Coimbra, Conselleiro Delegado de Vodafone España, converteuse en Conselleiro Delegado de Ono[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aviso Legal. Páxina web de Ono. Recuperada o 28 de xullo de 2015 (en castelán).
  2. Vodafone formaliza la compra de Ono y preparan ya sus primeras ofertas conjuntas, www.eleconomista.es, 23/07/2014 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]