Einsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′52″N 8°10′36″O / 43.38111, -8.17667

Einsa

Einsa, Andrade, Pontedeume
TipoSociedade Anónima
Fundación1971
MatrizGrupo Einsa
LocalizaciónFrancisco Gervás, 7 28108 Alcobendas Madrid España España
Persoas claveJosé Carlos Martínez Pérez (fundador)
IndustriaImpresión Artes gráficas
ProdutosGuías telefónicas
Publicidade
Beneficio46,25 millóns de euros, (en 2014)[1]
Número de empregados500 (en todo o grupo)
editar datos en Wikidata ]

EINSA Print, Ediciones Informatizadas S. A. é unha empresa de orixe galega creada en Andrade (Pontedeume). Está adicada á impresión e a servizos da información. Ten plantas de produción en Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Madrid (onde está a súa sede) e tamén oficinas comerciais en Londres e París.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1971 créase EINSA Print para imprimir as guías de GT Motive, outra empresa do grupo Einsa que editaba a "Guía de Tasaciones" un catálogo con información detallada de tódolos modelos de coches que hai no mercado, as súas pezas e compoñentes. Esta guía se segue a editar hoxe en día e informa dos prezos e tempos de reparación de vehículos[2].

En 1999 Einsa con subvencións do Fondo Mineiro crea nas Pontes, no Polígono industrial de Penapurreira outra planta de impresión máis grande e moderna que a de Pontedeume. A planta foi ampliada posteriormente ata os 84.000 metros cadrados actuais.

A empresa imprime as guías telefónicas de moitos países de Europa, África ou Asia. Tamén publica catálogos de empresas de venda por correo, folletos publicitarios e revistas para 22 países.

En maio de 2012 producíronse folgas e paros na planta das Pontes en protesta pola redución de persoal e soldos proposta pola empresa, que pretendía despedir 29 dos 370 traballadores da fábrica para acadar un aforro 2,9 millóns de euros xunto coa redución dun 18% do salario dos traballadores. Os sindicatos calculan que a empresa recibiu 50 millóns de euros en subvencións[3].

Produtos[editar | editar a fonte]

Directorios (guías telefónicas), catálogos, revistas e folletos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]