Lois García Carballido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Lois García Carballido»)
Infotaula de personaLois García Carballido

García Carballido en 2016 levando en peregrinación unha carta de protesta á Xunta de Galicia.
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Narón Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ponteceso
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Lois García Carballido, nado en Narón en 1974, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de inglés en Secundaria. Foi director do IES Agra de Raíces de Cee (2010-2011). Despois trasladouse ao IES de Ponteceso. Foi cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Ponteceso nas eleccións municipais de 2011 e situouse como voceiro da oposición. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura socialista e foi elixido alcalde co apoio dos concelleiros de APIN e BNG[1], cos cales formou un goberno de coalición. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía ó logra-la maioría absoluta[2].

No outono de 2020 expulsou a 5 dos 8 concelleiros socialistas tras diversas discrepancias, polo que afrontou o resto do mandato en minoría. En abril de 2021 presentouse unha moción de censura encabezada por unha das edís exsocialistas e que contaba co apoio dos edís díscolos e dos demais grupos da oposición, a cal non foi tramitada dado que o voto dos edís díscolos contra un alcalde electo dentro da súa mesma lista non é válido. Nas eleccións municipais de 2023 perdeu a maioría absoluta e pasou de 8 a 4 concelleiros, se ben continuou a sela candidatura máis votada. Porén, perdeu a alcaldía ó apoiar outros grupos a investidura do candidato do PPdeG José Manuel Mato.


Predecesor:
José Luis Fondo Aguiar
 
Alcalde de Ponteceso
 
2015 - 2023
Sucesor:
José Manuel Mato

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]