Saltar ao contido

Xosé Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Iglesias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Cee, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónIES Universidade Laboral Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarmador, escritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5457194 AELG: 537

Xosé Iglesias Lamela[1], nado en Cee en 1974, é un poeta galego.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Patrón de pesca de altura pola Universidade Laboral da Coruña e capitán de pesca pola Universidade Laboral de Vigo. Traballou como patrón de costa durante varios anos e como patrón de pesca no caladoiro de Rockall, ao noroeste de Escocia. É patrón e armador do buque Primero Villar na Coruña. No 2011 fíxose famoso en YouTube por gravarse mentres botaba ao mar caixas de peixe protestando pola marxinación a Galicia nas cotas de peixa da Unión Europea.[3]

Pertence aos colectivos literarios In Nave Civitas e A Porta Verde do Sétimo Andar.

En 2018 presentou NaciónMar; acuarelas mariñas de pesqueiros da Costa da Morte que se transforman en baleas, para reivindicar o pasado, presente e futuro como unha nación atlántico-mariñeira; proxecto que se converteu en álbum ilustrado.[3]

O seu estilo de poesía, de fonda temática mariñeira, evoca en numerosos poemas o universo poético de Manuel Antonio. O propio autor describe os seus poemas como "feitos dende o océano".[4]

Ilustracións

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Actas da VI Xornada de Literatura Oral. Historias, mitos e monstros do mar de Galicia (2013). AELG.
  • Un feixe de poesía na porta (2013). A porta verde do sétimo andar.
  • Versus cianuro (2013). A. C. Caldeirón.
  • Historias, mitos e monstruos do mar de Galicia (2013).
  • Alén do silencio (2014). Autoedición.
  • Dez anos na porta (2015). A porta verde do sétimo andar.
  • O desexo (2016). A. C. Caldeirón.
  • Aldeas sen voz (2016). Canela.
  • 2015: Finalista nos premios da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) por Transfusión Oceánica.
  • 2017: Finalista nos premios da AELG por A relixión do mar, tamén premiada na IX edición do premio Victoriano Taibo de poesía (Gondomar).
  1. Xosé, el poeta del Gran Sol, El País, 7 de xullo de 2014 (en castelán).
  2. joveisabel (2017-02-01). "“Ao meu bisavó Paco o Garelo” – Xosé Iglesias Lamela". En-RED-Versados. Consultado o 2022-08-18. 
  3. 3,0 3,1 Informática, Korku Soft Internet e. "Xosé Iglesias Lamela". Stoupa Tenda Turística (en castelán). Consultado o 2022-08-18. [Ligazón morta]
  4. Xosé, el poeta del Gran Sol, El País, 7 de xullo de 2014 (en castelán).
  5. "Nación Mar (galego) – Editorial Bululú". Consultado o 2022-08-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]