Xosé Castro (deseñador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Castro
Nacemento29 de marzo de 1971
 A Cañiza
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeseñador de moda
editar datos en Wikidata ]

Xosé Castro, nado o 29 de marzo de 1971 na Cañiza, é un deseñador de moda de muller de orixe galega que traballa en Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Despois de estar interno nos maristas de Ourense, comezou a estudar esteticienne, pero marchou a Santiago de Compostela a traballar na hostalaría. Logo fixo deseño de moda e patronaxe e en 1993 queda finalista do Premio Internacional Smirnoff. Daquela múdase a Barcelona, onde ingresa na Escola de Artes e Técnicas da Moda. Alí estuda a moda aplicada ao espectáculo e produce o vestiario do musical Pensando Flamenco, de Antonio Canales. Tamén protagoniza e deseña a moda do filme Bla, bla, bla, sobre deseñadores independentes.

Deseñador[editar | editar a fonte]

En 1997 ingresa no Royal College of Art de Londres para perfeccionar os seus coñecementos de moda e para traballar creando proxectos para deseñadores. Á volta a Barcelona, en 2000, comeza a traballar para outros deseñadores, como Marina Rinaldi, Mikel Rosen, Antonio Miró ou María Moreira.

Tamén é dese tempo a súa primeira colección propia, chamada Agenor Tabaré. Na actualidade é deseñador para a marca Desigual, ten a súa propia colección de alta costura, chamada El cuervo, e é profesor en diversas institucións de formación en deseño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]