Xoguetes para un tempo prohibido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoguetes pra un tempo prohibido»)

Xoguetes para un tempo prohibido
Schieles Wohnzimmer in Neulengbach.[1]
Título orixinalXoguetes pra un tempo prohibido
Autor/aCarlos Casares
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1975
FormatoRústica con lapelas,
cosido a fío
Páxinas129
ISBN978-84-8288-857-6
Seguido porOs escuros soños de Clío
editar datos en Wikidata ]

Xoguetes para un tempo prohibido (orixinalmente Xoguetes pra un tempo prohibido) é unha novela de Carlos Casares publicada en 1975, gañadora do Premio Galaxia de novela que a editorial convocara para celebrar o seu 25 aniversario.

Para Kristina e Håkan

—   Dedicatoria

Trama[editar | editar a fonte]

Elías Paz é un rapaz do rural da provincia de Ourense que pasa a súa primeira adolescencia nun centro escolar cristián. Alí sofre a represión da moral católica, e decide marchar a Ourense a facer o Bacharelato. Na cidade recupera vellas amizades, bota moza e descobre a sexualidade.

Despois marcha a Santiago de Compostela para iniciar os estudos na Universidade. Ao tempo que segue os estudos e traduce obras literarias doutras linguas, coñece o marxismo, ten relacións amorosas e vive a troula compostelá coas súas amizades.

Narración[editar | editar a fonte]

A novela é un texto rupturista que supuxo unha renovación na narrativa galega, produto dunha nova sensibilidade social e literaria, afastado do costumismo e nun galego sinxelo. Tamén se considera unha novela xeracional de estrutura lineal sobre a represión da posguerra, en que a mocidade culta e activa, ilusionada pola utopía revolucionaria, acaba embarrancada no escepticismo e a amargura.

A obra ten certos trazos autobiográficos, e inclúe numerosas referencias literarias, musicais e cinematográficas.

Recepción[editar | editar a fonte]

Foi un éxito de público e viu catro edicións no seu primeiro ano. En 1976 recibiu o Premio da Crítica española. En decembro de 2005 publicouse a décima edición, a primeira na Biblioteca Carlos Casares da Editorial Galaxia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schiele era un dos pintores favoritos de Casares, este detalle dun dos seus cadros empregouse para a edición de 2005 de Xoguetes para un tempo prohibido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]