Kristina Berg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kristina Berg
Nacemento1948
 condado de Halland
Falecemento3 de xullo de 2012
Ocupaciónescritora
CónxuxeCarlos Casares
FillosHåkan Olof Casares Berg e Christian Casares
XénerosInfantil
editar datos en Wikidata ]

Karin Anna Kristina Berg Casares, nada en Halmstad en 1948 e finada en Vigo o 3 de xullo de 2012, foi unha escritora sueca en lingua galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a mocidade participou en episodios de series televisivas suecas e nalgún proxecto relacionado coas artes plásticas. Despois de formarse en labores mariñeiros en embarcacións clásicas (entre outras, a goleta "Meta"), embarca con rumbo á India como radiotelegrafista no ano 1971. Nunha recalada en Galicia coñece a Carlos Casares, con quen casa pouco despois, principiando así as viaxes do escritor a Suecia, que exercerán influencia na súa ideoloxía socialdemócrata e en certos aspectos da súa obra.

Exerceu a presidencia da Fundación Carlos Casares dende a súa constitución no ano 2003.

Obra (Literatura infanto-xuvenil)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]