Xoán Manuel Bastida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán Manuel Bastida
Nacemento1954
 Fene
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Xoán Manuel Rodríguez Bastida, nado en Sillobre o 20 de xullo de 1954, é un doutor, sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1969 comezou a traballar en Astano. Sindicalista de Comisións Obreiras militou no PCG ata 1977 ao se incorporar ao Partido Obreiro Galego. Cunha bolsa de estudos da empresa licenciouse en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e nese ano deixou CCOO para participar na creación da Confederación Sindical Galega, militando asemade en Esquerda Galega ata 1984. Foi médico de diferentes equipos ciclistas de Portugal e España e do Xacobeo Galicia dende a súa creación en 2007 ata o seu despedimento en 2009 para contratar un doutor colombiano acusado de realizar prácticas de dopaxe[1]. Tras a formación de Anova pasou a se integrar na nova formación[2]. En 2015 entrou na corporación municipal de Fene como membro da candidatura de Somos Fene-Participación Democrática Directa. En 2017 apoiou unha moción de censura do PP contra do alcalde do BNG o que supuxo a retirada legal da participación PDD da candidatura de Somos Fene e a imposibilidade legal por defecto de forma de saír adiante ao pasar os concelleiros de Somos Fene a ser non adscritos[3]. Finalmente a moción saíu adiante en abril de 2018, converténdose Bastida en segundo tenente de alcalde[4]. Nas eleccións xerais de 2019 encabeza a candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña de Compromiso por Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]