Participación Democrática Directa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Participación Democrática Directa (PDDdG) é unha formación política instrumental creada en Galicia en marzo de 2015 para concorrer aos comicios municipais de 2015.

Orixe[editar | editar a fonte]

O partido foi rexistrado polo actor Miguel Pernas a comezos de 2015. Baixo o seu nome preséntanse distintas coalicións e formacións veciñais, das catro provincias galegas, se ben a súa concentración maior áchase na comarca do Salnés. As candidaturas estaban encabezadas por persoas vinculadas a Anova ou Compromiso por Galicia.

Aínda que a denominación exacta da candidatura varía de concello a concello, a formación política instrumental permite que os seus votos sexan contabilizados para a designación de deputados provinciais.

Concellos onde presentou candidatura[editar | editar a fonte]