Xohán Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoán Casal»)
Xohán Casal
Nome completoXohán Casal Pardo
Nacemento1935
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento10 de xaneiro de 1960
Lugar de falecementoA Coruña
Soterradocemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
PaiXacobe Casal
Coñecido porO camiño de abaixo
editar datos en Wikidata ]
Tumba de Xohán Casal no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.[1]

Xohán Casal Pardo, nado na Coruña a finais de 1935 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1960, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Jacobo Casal Rey. Cursou estudos mercantís na Coruña pero abandonounos aos tres anos por problemas de saúde. Coñeceu a obra de Castelao en 1956 e rachou co seu facer en castelán. Considerado o iniciador da Nova narrativa galega, escribiu O camiño de abaixo, publicado en 1970 como obra póstuma cun prólogo do seu amigo Reimundo Patiño. A enfermidade do corazón que padeceu dende neno e que o levou prematuramente á tumba condicionou a súa vida. O resto da súa produción quedou inédito, agás un artigo sobre Rosalía de Castro publicado en El Ideal Gallego.

O mundo dos relatos de Casal está dominado constantemente pola soidade e a morte. Aparecen elementos simbólicos desacougantes e opresivos.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O cemiterio de Santo Amaro. Memoria de dous séculos. Concello da Coruña, Fundación Emalcsa. 2012. ISBN 978-84-616-1077-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]