Xesús Santos Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesús Santos Suárez
Nacemento28 de setembro de 1936
Lugar de nacementoAsados
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e escritor
Na rede
Dialnet: 4825518
editar datos en Wikidata ]

Xesús Santos Suárez, nado en Asados (Rianxo) o 28 de setembro 1936, é un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestre en Pontevedra, Val do Dubra, Boiro e finalmente en Calo, onde estivo máis de dúas décadas, ata que se xubilou.[1]

Foi director do grupo de teatro Airiños de Asados, co que representou A fiestra valdeira de Rafael Dieste.[2]

É poeta e investigador sobre a historia de Rianxo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Balada do vento na ría (1987). Asados: Centro Cultural Ramón Varela. 102 páxs.
  • A fraga (des)animada 3 actos (1993). Vigo: Ir Indo. 95 páxs. ISBN 978-84-7680-114-7
  • Os amigos de Martiño (1999). Vigo: Ir Indo, Col. Contacontos. 106 paxs. ISBN 9788476802755.
  • O viquingo converso (farsa histórica) (2017). Concello de Catoira. 125 páxs.[3] É un relato sobre as orixes do desembarco de Catoira, levado aos escenarios pola compañía Úrsula.

Con Xosé Comoxo Rodríguez[editar | editar a fonte]

  • Biografía de Arcos Moldes (Rianxo, apuntes dunha vila mariñeira, 1865-1944) (1994). Concello de Rianxo. 286 páxs.
  • A heráldica nas terras de Rianxo. Brasóns e linaxes (1997). Deputación da Coruña. 418 páxs. ISBN 978-84-89652-50-7.
  • Saúde e República (Rianxo 1930-1936). Política e sociedade (2006). Concello de Rianxo. 403 páxs.
  • Rianxo na súa historia. Consecuencias da guerra civil (1936-1939) (2010). Deputación da Coruña. 400 páxs. ISBN 978-84-9812-120-9.
  • Rianxo na ditadura franquista (1939-1979) (2014). Deputación da Coruña. 504 páxs. ISBN 978-84-9812-255-8.
  • Arcos Moldes, mestre sen escola. O Rianxo do seu momento 1865-1944 (2017). Deputación da Coruña.[4]

Con Xesús Costa Rodil.[editar | editar a fonte]

  • Do Sar ao monte Louro, memorial da represión 1936-1950 (2019). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-343-2.

Con Xosé Comoxo e Xesús Costa[editar | editar a fonte]

  • Rianxo na Guerra Civil. Campo de concentración de prisioneiros de guerra 1937-1939 (2003). Concello de Rianxo. 139 páxs. ISBN 978-84-607-8969-7.

Artigos[5][editar | editar a fonte]

  • Manuel Antonio "ite misa est" (1996). A Nosa Terra, nº 16.
  • Rianxo no centenario do nacemento de Manolo Rodríguez Castelao (2005). Barbantia, nº 1. Con Xosé Comoxo e Xesús Costa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xesús Santos: Un resistente da fronte cultural galega". La Voz de Galicia. 2018-07-01. Consultado o 2021-07-18. 
  2. Airiños (2012-11-25). "Airiños". Teatro Airiños. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-18. 
  3. "Presentación do libro "O vikingo converso"". concelloderianxo.gal. 
  4. "Xesús Santos e Xosé Comoxo recuperan a historia do mestre José Arcos Moldes". La Voz de Galicia. 2017-02-28. Consultado o 2021-07-18. 
  5. "ATOPO - Deputación de Pontevedra". atopo.depo.gal. Consultado o 2021-07-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]