Xendive, Boborás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xendive
Igrexa de Xendive.
ConcelloBoborás[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°28′25″N 8°10′14″O / 42.4736, -8.1705Coordenadas: 42°28′25″N 8°10′14″O / 42.4736, -8.1705
Poboación85 hab. (2021)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Mamede de Xendive é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Sitúase na confluencia do río de Froufe e o río Viñao. Segundo o INE en 2021 tiña 85 habitantes (39 homes e 46 mulleres), 56 menos que en 2011 e 118 menos que en 2001 cando contaba con 203 veciños[2], polo que veu reducida a súa poboación case un 60% en dúas décadas.

A parroquia está conformada por catro núcleos de poboación: Meixe, Nogueira, Pereiras, Porto Pereiras e Xendive, atopándose neste último a igrexa de San Mamede, a única da parroquia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización[editar | editar a fonte]

Atópase a 8,5 km do Carballiño, vila principal da comarca, e a 30 km da capital provincial. Pola parroquia pasa a estrada N-541 que une as cidades de Ourense e Pontevedra. Xendive está conectada coa parroquia de Parada de Labiote, no concello do Irixo pola OU-0416.

Noroeste: Parada de Labiote e Moreiras Norte: Parada de Labiote Nordés: Reádigos
Oeste: Moreiras Rosa dos Ventos Este: Xurenzás
Suroeste: Moreiras Sur: Brués Sueste: Brués e Xurenzás

Relevo[editar | editar a fonte]

Xendive sitúase no val do Viñao. Os lugares de Pereiras, Porto Pereiras e Xendive están a unha altitude media de 400 metros xunto ao curso fluvial no centro do val. Meixe e Nogueira atópanse a 450 e 500 metros respectivamente na faldra do monte de Coto Molín.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

O principal río é o río Viñao, afluente do río Avia, que discorre de norte a sur deixando as poboacións da parroquia á súa marxe dereita. Tamén pasan polo lugar outros cursos menores que aportan as súas augas ao Viñao, sendo o de maior caudal o regato que ven da parroquia de Froufre, no Irixo, da que recibe o seu nome. Sobre o regato de Froufe sitúase unha ponte de pedra construída a finais século XVIII. [3]

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros indicios de ocupación humana da zona remóntanse ao 4000 a.C, época na que se datou a necrópole tumularia de Meixe, escavada a principios do século XX. Neste xacemento arqueolóxico, conformado por tres mámoas, atopáronse restos cerámicos, sendo un deles o vaso de bordo horizontal de Xendive que se atopa no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Nun pergamiño do ano 1249 conservado no arquivo da catedral de Ourense cítase a igrexa de Xendive. O lugar menciónase tamén nunha acta notarial do ano 1484, na que Diego Peres Sarmento cede a favor de Lopo Sanches de Ulloa as freguesías de San Martiño de Cameixa, San Fins de Brués e San Mamede de Xendive.[4] A ponte actual que cruza o regato de Froufe conectando o lugar de Pereiras co resto da parroquia foi construída no ano 1790 substituíndo unha ponte de madeira que cumpría esta función. O mestre canteiro asignado foi Joseph Monteagudo e o custo da obra foi asumido na súa totalidade polo párroco da igrexa. No século XXI a ponte mantense sen maior modificación que a substitución dos peitorís de pedra orixinais por uns metálicos que permiten un maior ancho para facilitar o tráfico.[5][3]

A igrexa parroquial tivo diversas modificacións, a última delas no ano 1819 a mans do mestre de arquitectura José Nieto. [6] Xendive aparece descrita no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, publicado no ano 1847. A parroquia estaba conformada por 120 casas e contaba cunha escola que operaba un veciño para os máis cativos. O principal motor económico era a agricultura e existían catro muíños, un batán e teares. Na súa obra, Madoz estima a poboación da parroquia en 450 persoas.[7] No 1896 o Diccionario enciclopédico hispano-americano de literatura, ciencias y artes indica que ten 465 habitantes.[8]

Poboación[editar | editar a fonte]

Nas últimas décadas Xendive está a sufrir un proceso de despoboación a causa dos baixos nacementos e á migración, maiormente cara ás principais cidades galegas.

Gráfica de evolución demográfica de Xendive, Boborás entre 2000 e 2021
Poboación censada (2000-2021) (INE).[9]

Cultura[editar | editar a fonte]

As festas de Xendive teñen lugar o sábado máis próximo ao 7 de agosto en honra da Virxe de San Mamede.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Xendive[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Xendive no concello ourensán de Boborás

Meixe | Nogueira | Pereiras | Porto Pereiras | Xendive

Parroquias de Boborás[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Boborás

Albarellos (San Miguel) | Astureses (San Xulián) | Brués (San Fiz) | Cameixa (San Martiño) | Cardelle (San Silvestre) | Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede) | Moreiras (Santa Mariña) | Pazos de Arenteiro (San Salvador) | O Regueiro (San Pedro) | Xendive (San Mamede) | Xurenzás (San Pedro) | Xuvencos (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2022-08-04. 
  3. 3,0 3,1 Fernández González, Frutos (2008). "A Ponte de Porto Pereiras". Argentarium. Anexo V: 37–43. 
  4. Couselo, Jesús Ferro (1996). A vida e a fala dos devanceiros: escolma de documentos en Galego: dos séculos XIII ao XVI. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-051-8. 
  5. "Porto Pereiras - Páxina persoal de Frutos Fernández". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-04. 
  6. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2018-11-26). "Igrexa de San Mamede de Xendive". Turgalicia (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  7. Madoz, Pascual (1847). "Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Tomo 8 [FABA ó HABA-GUADALAJARA]" (en castelán). 
  8. Diccionario enciclopedico hispano-americano de literatura, ciencias y artes (en castelán). Montaner y Simón. 1896. 
  9. Estadística de la Evolución Histórica de la Población. Xendive. 2000-2021 Fuente: Instituto Nacional de Estadística

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]