Xuvencos, Boborás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xuvencos
Igrexa de Santa María de Xuvencos, Boborás, Ourense.jpg
Igrexa de Santa María de Xuvencos.
ConcelloBoborás
Poboación366 hab. (2011)
Entidades de poboación11

Santa María de Xuvencos é unha parroquia do concello ourensán de Boborás, onde se localiza a cabeceira municipal. Segundo o IGE en 2011 tiña 366 habitantes (169 homes e 197 mulleres).

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. A súa actividade principal é a agricultura, xunto cos servizos derivados da capitalidade -centro de saúde, farmacia, dependencias municipais, bancarias...- e unha certa actividade comercial e de hostalería, na que destaca a existencia dunha Casa de Turismo Rural.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No lugar da Torre, preto do lugar do Penedo de Xuvencos, existiu un castelo, derrubado en 1467 no marco da Gran Guerra Irmandiña.

O templo parroquial, de estilo románico, consta dunha soa nave rectangular modificada na espadana e na ábsida no século XIX. Contén un retablo barroco excepcional así como o cruceiro do Bispo que se atopa á entrada do templo.

Con orixes e testemuñas na Idade Media, conserva como un dos seus grandes tesouros a coñecida Danza de Xuvencos dentro do formato da chamada Festa das Mudaciós.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Xuvencos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Xuvencos no concello ourensán de Boborás

A Almuzara | Bergazos | Boborás | Franza | O Igrexario | A Lama | O Penedo de Xuvencos | As Quintás | Rodas | Sande | Xesteira

Parroquias de Boborás[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Boborás

Albarellos (San Miguel) | Astureses (San Xulián) | Brués (San Fiz) | Cameixa (San Martiño) | Cardelle (San Silvestre) | Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede) | Moreiras (Santa Mariña) | Pazos de Arenteiro (San Salvador) | O Regueiro (San Pedro) | Xendive (San Mamede) | Xurenzás (San Pedro) | Xuvencos (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sobrado, Xosé Luis (1996). Concello de Boborás, ed. Xuvencos. Historia e Tradición. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]