Xavier Navaza
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Xavier Navaza | |
---|---|
Nacemento | 9 de agosto de 1948 |
Lalín | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Irmáns | Gonzalo Navaza |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xavier Navaza Blanco, nado en Lalín o 9 de agosto de 1948, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo estudos de Enxeñería Técnica Naval en Ferrol e licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Autónoma de Barcelona (1976). Traballou en Tele-Exprés e na revista Plataforma. Foi fundador e colaborador de Teima e correspondente en Galicia de El Periodico de Catalunya, Pueblo e Informaciones. Traballou no gabinete de prensa e no gabinete técnico da Consellería de Presidencia (1979-1990). Foi subdirector de Xornal Diario de Pontevedra (1991) e puxo en marcha, con Luis Mariño, o programa cultural Etcétera na TVG (1991). Foi columnista de El Correo Gallego.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Ten dez irmáns, entre eles Gonzalo e Luís Navaza.
Obra[editar | editar a fonte]
- Disparos (Edicións Xerais, 1991)
- Sumud. Conversa con Palestina (2003)
- A triloxía El laberinto gallego:
- La guillotina del centro (2006)
- La conjura de Raxoi (2007)
- Crónicas de barones, leonados y coroneles (por publicar)
- El último amante de Marilyn (Alvarellos, 2012)
- Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación (Xerais, 2015)