Xauen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xauén")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 35°10′7.6″N 5°16′5.8″O / 35.168778, -5.268278

Xauen
Flag of Chefchaouen province (1976-1997).svg
Chefchaouen Logo.png
Chefchaouen from above.jpg
Vista aérea de Xauen
Localización
Mapa de situación de Xauen en Marrocos.
City locator 14.svg Xauen
PaísFlag of Morocco.svg Marrocos
RexiónTánxer-Tetuán-Alhucemas
ProvinciaXauen
Xeografía
Altitude564 msnm
Demografía
Poboación42 786 (2014)
Outros datos
Código postal91000
AlcaldeMohamed Soufiani (PJD), 2015

Xauen (oficialmente en árabe شفشاون e coloquialmente الشاون, en francés Chefchaouen ou Chaouen, en castelán Chauen) é unha cidade santa e concello do norte de Marrocos, de preto de 40.000 habitantes.

Descrición[editar | editar a fonte]

Edificacións en Xauen.

A cidade está situada a uns 564 metros de altitude, no extremo occidental da cordilleira do Rif, a 55 km ao sur de Tetuán. Está protexida polas montañas pois, ao seu carón aparece o Jebel Mezedjel, con cumes en forma de corno das que toma o seu nome. En fronte está Jebel Beni Hassan, e no outro lado do val, cara ao oeste, esténdese cara ao sur e toma o nome de Jebel el Akhmâs.

Turismo[editar | editar a fonte]

A provincia ten, no eido turístico, un importante e diversificado potencial por mor dun feixe de monumentos históricos e numerosas praias de area e vastos bosques cunha fauna e flora moi variada. Os principais sitios turísticos da provincia son:

  • A cidade de Xauen
  • A fonte de Ras El Maa (a 3 km. da cidade)
  • A antiga medina coa kasbah
  • As cascadas e a mesquita de Cherafat
  • O bosque de Talassemtane
  • A gruta de Toughoubite
  • A ponte de Deus en Akchoure.
  • O antigo caravasar, ocupado actualmente por pequenas tendas e artesáns.
Xauen e o minarete octogonal da mesquita.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A Medina, a Praza Hamman, A Gran Mesquita e a Kasbah.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Olmo Boullón, José (1940). Xauen; Marruecos español. Valencia: Talleres Litogr. de Hijos de Simeón Dura. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]