Xauen (oficialmente en árabeشفشاون e coloquialmente الشاون, en francésChefchaouen ou Chaouen, en castelán Chauen) é unha cidade santa e concello do norte de Marrocos, de preto de 40.000 habitantes.
A cidade está situada a uns 564 metros de altitude, no extremo occidental da cordilleira do Rif, a 55km ao sur de Tetuán. Está protexida polas montañas pois, ao seu carón aparece o Jebel Mezedjel, con cumes en forma de corno das que toma o seu nome. En fronte está Jebel Beni Hassan, e no outro lado do val, cara ao oeste, esténdese cara ao sur e toma o nome de Jebel el Akhmâs.
A provincia ten, no eido turístico, un importante e diversificado potencial por mor dun feixe de monumentos históricos e numerosas praias de area e vastos bosques cunha fauna e flora moi variada. Os principais sitios turísticos da provincia son: