Xabier Casares Mouriño
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Xabier Casares Mouriño | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1945 |
Xinzo de Limia | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político |
Irmáns | Carlos Casares |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Xabier Casares Mouriño, nado en Xinzo de Limia o 10 de abril de 1946, é un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como pediatra. Foi director médico do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense. Militante do PSdeG, foi concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais en Ourense entre 1991 e 1995. Foi portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense (1991-1996). Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 1997. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2001. Deixou o Parlamento en abril de 2002.
É irmán de Carlos Casares e, por tanto, cuñado de Kristina Berg e tío de Håkan Casares e Christian Casares.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). "Casares Mouriño, Xabier". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 111. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.