Saltar ao contido

Wladimir Rosinskij

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWladimir Rosinskij
Biografía
Nacemento?
Siberia, Federación Rusa
País de nacionalidadeaustríaca
EducaciónAcademia Musical de Krasnoiarsk
Actividade
Ocupaciónviolista, compositor e director de orquestra
EmpregadorOrquestra Sinfónica de Galicia (na actualidade)
Xénero artísticoMúsica sinfónica, música de cámara

Wladimir Rosinskij é un violista, compositor e director de orquestra austríaco de orixe rusa, actualmente viola da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Wladimir Rosinskij obtivo Diploma de Honor na Academia Musical de Krasnoiarsk en 1986. Desde 1990 até 1995 estudou na Hochschule fur Musik de Viena, con W. Klos (viola) e con E. Urbanner (composición). Neste período obtivo o Primeiro Premio en Kompositions-Wettbewerb im Rahmen des 10. Wiener Sommer-Seminars para Novas Músicas, ademais do Forderungspreis de Bundeskanzleramt de Austria para compositores.[1]

Desde o ano 1995 vive na Coruña, onde é viola da Orquestra Sinfónica de Galicia. Desde 1996 é membro da SGAE.[1]

Como director traballou con orquestras como Kammerorchester Arpeggione Hohenems, Ensemble Plus), Orquestra de Cámara da OSG, Grupo Instrumental Siglo XX, Ensemble S. 21, Orquestra de Cámara de Odesa, Orquestra de Cámara e Orquestra Sinfónica de Astrakán e Orquestra Sinfónica de Krasnoiarsk.[1]

As súas composicións estreáronse en salas da importancia do Musikverein e o Konzerthaus de Viena, o Auditorio Nacional de Música de Madrid, a Philharmonie de Múnic, o Auditorio de Tenerife o Palacio da Ópera da Coruña, o Auditorio de Galicia, o Festspielhaus de Bregenz, a Grosses Saal Konservatorium de Insbruck, a Grosser Saal Odessa Philharmonie, o Teatro da Ópera de Astraján e a Philharmonie de Krasnoiarsk, entre outras, con directores como Gianandrea Noseda, Josep Pons, Tuomas Olilla, Christoph Eberle, Gerard Korsten, Pietro Rizzo, Ingo Ingensand, Vassilis Christopoulos, Dima Slobodeniouk, e interpretadas por solistas como Hansjorg Schellenberger, Frank Stadler, David Quiggle, Jensen Lam, Sabine Winter, Ruslana Prokopenko, Vasili Marian, Abraham Cupeiro, Uxía Botana e por orquestras tales como Wienerkammerorchester, Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica de Tenerife, Vorarlberg Symphonie Orchester, Orchester der Academie St. Blasius de Innsbruck, Symphonie Orchester de Astraján e a Orquestra Filharmónica de Krasnoiarsk.[1]

No ao 2013 fundou a Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia. E nos últimos anos dirixiu con esta formación concertos en varias cidades españolas, con solistas con solistas como Tomas Demenga, Ilya Kaler, Amit Peled, David Villa e Frank Stadler.[1]

A ecléctica música de Wladimir Rosinskij é o reflexo da súa propia vida, cuxo destino levouno desde o distante norte de Siberia, onde tocaba a batería en grupos de Rock e Big Band para ganarse a vida e onde, cando non facía vento, os 40º graos baixo cero considerábase bo tempo, até A Coruña, onde só se puido ver a neve unha vez en 25 anos. Dende os seis aos empezou a ofrecer os seus primeiros concertos, até que chegou a estrear e interpretar a súa propia música nas mellores salas de concertos do mundo, como Madrid ou Viena. A Biblioteca Nacional de Austria, en Viena, cidade na que estudara composición na Wienner Hochschule con Erich Urbanner, garda todas as partituras manuscritas da súa obra até 2007.[2]

As súas premiadas composicións estreáronse en salas como o Muskiverein e a Konzerthaus de Viena, a Festpielhaus de Bregenz, o Auditorio Nacional de Misica de Madrid, o Auditorio de Tenerife, e o Palacio da Ópera da Coruña, entre outras, por orquestras como a Filharmónica de Múnic ou a Orquestra Sinfónica de Galicia.[2]

Relación das súas composicións

[editar | editar a fonte]

Lista completa de 44 composicións aquí.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Wladimir Rosinskij en wordpress.com (en inglés).
  2. 2,0 2,1 About Wladimir Rosinskij en wladimirrosinskij.com (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]