Saltar ao contido

The Hunger Games: Mockingjay – Part 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Hunger Games: Mockingjay – Part 1
 Instancia de
 Título
The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Forma artística
 Lingua orixinal
 Cor
 Ambientado en
 Dedicado a
Obras e produtos
 Formato de distribución
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Dedicado a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
Organizacións
 Compañía produtora
Economía e industria
Custo125000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación755356711 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
19 de novembro de 2014 (Francia)
21 de novembro de 2014 (Estados Unidos de América)
20 de novembro de 2014 (España, Hungría, Alemaña)
20 de novembro de 2014 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
Dimensións
Duración123 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
 Puntuación da crítica
64/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
70% Rotten Tomatoes (4 de febreiro de 2025)
6.3/10 Rotten Tomatoes (2 de maio de 2022) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF313498249 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0003-E6F5-0000-4-0000-0000-P Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ngvsvk Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt1951265 Filmaffinity: 520253 Allocine: 200088 Rottentomatoes: m/the_hunger_games_mockingjay_part_1 Mojo: hungergames3 Allmovie: v568566 Metacritic: movie/the-hunger-games-mockingjay---part-1 BNE: XX5532828 Netlix: 70305908 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 é un filme estadounidense de acción e ciencia ficción baseado na novela de Suzanne Collins, Mockingjay, a terceira parte da triloxía The Hunger Games. O filme é unha secuela de The Hunger Games: Catching Fire, e o penúltimo dos catro baseados na triloxía.

A estrea en Londres foi o 10 de novembro de 2014, mentres que nos Ánxeles realizouse o 17 de novembro. Estreouse oficialmente o 20 e 21 de novembro en gran parte do mundo, incluído Galicia, coa dobraxe castelá. A dirección estivo a cargo de Francis Lawrence.

Katniss Everdeen (Jennifer Lawrence) atópase no Distrito 13, o foco de resistencia contra o Capitolio, despois de remataren os Xogos da Fame. Baixo o liderado da presidenta Coin (Julianne Moore) e co consello dos seus amigos máis leais, Katniss convértese no “mimogaio” e estende as súas ás mentres loita por salvar a Peeta Mellark (Josh Hutcherson), que foi capturado polo Capitolio e a unha nación alentada pola súa valentía.

  1. O actor Philip Seymour Hoffman faleceu o 2 de febreiro de 2014. Lionsgate anunciou que Hoffman rematara de filmar case todas as súas escenas nesta entrega antes da súa morte. Para rematar as demais, o seu rostro foi dixitalizado, o mesmo que na segunda parte.

Preprodución

[editar | editar a fonte]

O 10 de xullo de 2012, Lionsgate anunciou que o libro de Mockingjay se dividiría en dúas partes; a primeira parte tiña data de estrea para o 21 de novembro de 2014, mentres que a segunda estrearía o 20 de novembro de 2015. O 1 de novembro de 2012, Francis Lawrence, director de ‘’The Hunger Games: Catching Fire’’, anunciou que ía volver para dirixir as dúas últimas partes da tetraloxía. O 6 de decembro de 2012, Dany Strong anunciou que el escribiría as últimas dúas partes. Máis tarde, en agosto, anunciouse que a rodaxe comezaría en setembro de 2013. A produción do filme comezou o 16 de setembro de 2013 en Boston, para despois pasar a Atlanta e Os Ánxeles. O 13 de novembro de 2013, Nina Jacobson revelou que Peter Craig tamén fora contratado para escribir o guión das dúas adaptacións.

A rodaxe do filme comezou o 23 de setembro de 2013 en Atlanta e concluíu o 20 de xuño de 2014 en Berlín, Alemaña. A parte 1 foi filmada xunto coa parte 2. A mediados de outubro, a produción de filmación trasladouse a Rockmart. A tripulación e o elenco tomou un descanso para promover The Hunger Games: Catching Fire, e a rodaxe rematouse o 2 de decembro de 2013. O 18 de decembro, comezouse a rodar en Caldwell Tanks de Newnan, Xeorxia.

Philip Seymour Hoffman, quen interpretou a Plutarch Heavensbee na segunda entrega, finou o 2 de febreiro de 2014 en Nova York. Lionsgate emitiu un comunicado afirmando que Hoffman completara a rodaxe das súas escenas para a parte 1 antes da súa morte.

A banda sonora do filme foi realizada unha vez máis por James Newton Howard, que xa gravara nos dous filmes anteriores. A música da película foi creada xustamente para contrastar a sensación de escuridade que se atopa constantemente na mesma.

Recepción

[editar | editar a fonte]

O filme ten un 69% de aprobación, baseado en 27 comentarios na páxina Rotten Tomatoes cualificándoa como "Fresca". Mentres que en Metacritic 67 de 100 comentarios foron positivos, indicando "Críticas xeralmente positivas".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]