The Hunger Games: Mockingjay – Part 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

The Hunger Games:
Mockingjay - part 2
Ficha técnica
Título orixinalThe Hunger Games:
Mockingjay - part 2
DirectorFrancis Lawrence; axudantes de dirección: John Collins
Adam Davis
ProdutorNina Jacobson
Jon Kilik
GuiónDanny Strong
Peter Craig[1]
Baseado enMockingjay de Suzanne Collins
IntérpretesJennifer Lawrence
Julianne Moore
Josh Hutcherson
Liam Hemsworth
Woody Harrelson
Donald Sutherland
Elizabeth Banks
Sam Claflin
Jena Malone
MúsicaJames Newton Howard
FotografíaJo Willems
MontaxeAlan Edward Bell
Mark Yoshikawa
DistribuidoraLionsgate
EstreaEstrea mundial: 19 de novembro de 2015
Duración137 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción, Aventuras Ciencia ficción, Drama
Orzamento125 millóns $ USD
(compartido coa súa predecesora)[2]
Recadación523 millóns de $
Filme anteriorThe Hunger Games: Mockingjay – Part 1
Filme seguinteFin da serie

The Hunger Games: Mockingjay – Part 2 (literalmente en lingua galega: Os xogos da fame: Mimogaio - Parte 2[3]) é un filme americano de ciencia ficción, baseado no libro homónimo de Suzanne Collins e dirixido novamente por Francis Lawrence. O filme está protagonizado por Jennifer Lawrence, Josh Hutcherson, Liam Hemsworth, Woody Harrelson, Elizabeth Banks, Julianne Moore, Sam Claflin, Jena Malone, Willow Shields, Natalie Dormer, Robert Knepper, Philip Seymour Hoffman (no último filme de súa carreira), e Donald Sutherland. É a secuela da primeira parte da adaptación de Mockingjay, que fora lanzada o 19 de novembro de 2014 en Galicia.

Mockingjay - Part 2 é o capítulo final da serie de éxito The Hunger Games. Estreouse nos cinemas en novembro de 2015, en Galicia coa dobraxe castelá (Sinsajo - Parte 2). Os seus dereitos autorais pertencen a Lionsgate.

Enredo[editar | editar a fonte]

Coa nación de Panem en plena guerra, Katniss (Jennifer Lawrence) decide crear unha resistencia rebelde cun grupo de amigos próximos, denominada de "Escuadrón 451" – ao que pertencen Gale (Liam Hemsworth), Finnick (Sam Claflin) e Peeta (Josh Hutcherson) – para derrubar o Presidente Snow (Donald Sutherland). Arriscan as súas vidas nunha misión para tentar asasinar o tirano líder, que fica cada vez máis obcecado en destruír a Katniss. As trampas mortais, perdas, inimigos e escollas morais que esperan por Katniss van desafiala máis do que calquera cousa á que xa se enfrontou antes. En medio de todo iso, Katniss intenta recuperar a confianza de Peeta.

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

A segunda parte de Mockingjay desenvolveuse xunto coa primeira. Os personaxes son interpretados polos mesmos actores.

O filme foi dirixido por Francis Lawrence, mesmo director de The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 e The Hunger Games: Catching Fire. É considerado o filme máis violento da franquía. As filmacións, que aconteceron relativas ás da primeira parte, comezaron no día 23 de setembro de 2013, en Boston, Atlanta. En outubro, a rodaxe migrou para Rockmart, Georgia. Despois, foron para Marriott Marquis e despois Newnan, ambos en Xeorxia.

Philip Seymour Hoffman, que facía de Idealizador rebelde Plutarch Heavensbee, faleceu o día 2 de febreiro de 2014. Daquela, Hoffman completara a rodaxe dos dous filmes, agás a última semana de rodaxe da segunda. A Lionsgate pronunciouse, dicindo que a rodaxe continuaría, e que, a última e importante escena non rodada de Hoffman filmaríase sen el, colocándoo en CGI (Common Gateway Interface), na postprodución.

Após o fin da rodaxe en Atlanta, a produción migrou para París, Francia, que no día 7 de maio de 2014, as escenas finais da rebelión foron filmadas nas rúas, cuxo elenco foi fotografado co vestiario de guerra descrito no libro.

No día 15 de maio, a produtora Nina Jacobson revelou que a última escena de Philip Seymour Hoffman non sería gravada en CGI. "Sería moi doloroso gravar sen el (Hoffman)", declarou Jacobson.

En xuño de 2015, gravouse a última escena que faltaba para facer: a escena do Epílogo. Filmouse despois do fin das gravacións pois o director Francis Lawrence quería que a escena fose gravada en plena primavera (a única estación do ano na que aínda non se gravara). Para o director foi unha escena difícil de se producir, pois o epílogo ocorre medio desconectado da historia.

Lanzamento[editar | editar a fonte]

A estrea mundial do filme foi no día 20 de novembro, nos Estados Unidos e Angola.[4] No Brasil, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Países Baixos, Noruega, Suecia e Suíza; o filme chegou dous días antes, o 18 de novembro. Reino Unido e Portugal recibiron o filme o día 19 de novembro.[5] En Galicia e España estreouse a 27 de novembro de 2015.

O filme está dispoñíbel nos formatos 3D, RealD 3D, 4D, XD, XPLUS, IMAX 3D, 2D dixital e 2D convencional.[6][7]

Crítica[editar | editar a fonte]

A franquía The Hunger Games converteu a Jennifer Lawrence en estrela mundial; a crítica di que a súa interpretación de Katniss Everdeen é o mellor do filme: "unha satisfactoria - se ocasionalmente excesivamente severo - conclusión da serie. Desta vez, Katniss lidera un exército de guerrilla para eliminar o despótico Presidente Snow (Donald Sutherland) - e descobre que algúns dentro da rebelión poden ter axendas propias. Os especialistas din que Mockingjay - Part 2 é sombrío e un pouco longo demais, pero tamén é emocionante e intelixente. Con base en 181 avaliacións o site Rotten Tomatoes deu 7,0/10 á segunda parte de Mockingjay.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Exclusive: The Hob Interviews Frances Lawrence, Nina Jacobson & Jon Kilik at World Premiere". The Hob. 13 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2014. 
  2. McNary, Dave (22 de xaneiro de 2014). "Lionsgate Pushing ‘Mockingjay’ Toward ‘Iron Man 3′ Box Office". Variety. Consultado o 27 de setembro de 2014. 
  3. Nin o filme nin os libros foron traducidos ou dobrados a galego. O nome Mockingjay é unha mestura dos nomes ingleses das aves: mockingbird (aves norteamericanas do xénero Mimus) e jay (en galego: gaio: Garrulus glandarius), polo que en galego daría algo como mimogaio. Na versión portuguesa chámanlle simplemente tordo, en castelán fíxose tamén a mestura dos nomes das eves en español dando coma resultado sinsajo
  4. "The Hunger Games: a Revolta - Parte 2". VerAngola.net. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  5. "Estreia esta quinta-feira: «The Hunger Games: A Revolta - Parte 2»". Diário Digital;SAPO. 18 de novembro de 2015. 
  6. http://www.prnewswire.com/news-releases/the-hunger-games-mockingjay--part-2-soars-into-imax-3d-theaters-starting-november-20-300032040.html
  7. http://www.hypable.com/mockingjay-part-2-imax-3d/
  8. "The Hunger Games: Mockingjay - Part 2". www.rottentomatoes.com. 2015-11-20. Consultado o 2015-11-21.