William Laud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Laud
William Laud.jpg
Nacemento7 de outubro de 1573
Lugar de nacementoReading, Inglaterra
Falecemento10 de xaneiro de 1645
Lugar de falecementoTower Hill
Causadecapitación
SoterradoOxford
NacionalidadeReino de Inglaterra
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterSt John's College e Reading School
Ocupaciónteólogo, Anglican priest, clérigo, escritor e ministro
Na rede
WikiTree: Laud-3 Find a Grave: 16367683 Editar o valor em Wikidata
William Laud Signature.svg
editar datos en Wikidata ]
Retrato de William Laud

William Laud, nado o 7 de outubro de 1573 en Reading, Berkshire, e finado o 10 de xaneiro de 1645, foi un líder relixioso británico, arcebispo de Canterbury (1633-1645). Un dos teólogos principais da igrexa do rei Carlos I, opúxose as formas radicais do puritanismo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

William Laud, fillo dun comerciante de tecidos acomodado, foi bautizado na Igrexa de Saint Laurence, en Reading. Educouse na Reading School e, a través dunha bolsa de estudos, no Saint John's College, en Oxford, onde acadou o título de bacharel de artes en 1594 e o mestrado en 1598. O 9 de maio de 1601 foi elixido membro sénior e converteuse en inspector da Universidade de Oxford en 1603.[2]

Paralelamente, Laud foi ordenado sacerdote o 5 de abril de 1601, e de camiño gañou reputación de ser partidario das tendencias arminianas e  da alta igrexa, afastado do puritanismo e intelectualmente brillante, nun tempo en que a ideoloxía calvinista era forte na Igrexa de Inglaterra. Ademais disto, as súas afirmacións sobre a sucesión apostólica resultaban impopulares nalgúns ámbitos.

Xa como arcebispo de Canterbury e desde o seu posto na universidade, William Laud empeñouse en reorganizar a Oxford University Press para lle dar un verdadeiro status de empresa editorial, polo que lle pediu ao rei Carlos I as axudas públicas necesarias para poder competir cos libreiros e impresores aos que o rei lles concedera privilexios de edición. A raíz disto, en 1634 esa casa editorial pasou a ser considerada como unha das dúas privileged presses, xunto con Cambridge University Press.

En 1645, durante a Primeira Revolución inglesa, despois de intentar reformar a Igrexa, Laud foi executado por orde do Parlamento, sen ter conseguido a clemencia real.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lee, sidney. "Laud, William". En Dictionary of National Biography. Londres. Smith, Elder & Co. 1892. (En inglés)
  2. Philips, Daphne. The History of Reading. Countryside Books. 1980. Páxina 47. [ISBN 0-905392-07-8] (En inglés)
  3. Milton, Anthony. "Laud, William (1573-1645) Arquivado 23 de novembro de 2017 en Wayback Machine.". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. 2009. (En inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Charles Carlton, Archbishop William Laud. Nova York. Routledge & Kegan Paul, 1987. (En inglés)
  • W. E. Collins (ed.). Archbishop Laud commemoration, 1895. (En inglés)
  • Conrad Russell. Parliaments and English Politics. 1621-1629. Oxford. Clarendon Press, 1979. (En inglés)
  • Conrad Russell. The Fall of the British Monarchies. 1637-1642. Oxford. Clarendon Press, 1991. (En inglés)
  • Hugh Trevor-Roper. Archbishop Laud, 1573–1645. Phoenix, 2000. (En inglés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]