William Burley Lockwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
William Burley Lockwood
Nacemento13 de abril de 1917
Falecemento30 de abril de 2012
Alma máterUniversidade de Manchester
Ocupaciónlingüista e escritor
editar datos en Wikidata ]
Cuberta da súa Indo-European Philology Historical and Comparative, 1969.

William Burley Lockwood, nado o 13 de abril de 1917 e finado o 30 de abril de 2012, foi un profesor de filoloxía xermánica e indoeuropea e lingüista británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras saír da escola traballou nun hotel, nos ferrocarrís e nun emprego informal en Frankfurt cando estalou a Crise dos Sudetes en 1938. Ao ano seguinte trasladouse a Inglaterra e estudou nas Universidades de Manchester e Bristol, obtendo unha particular distinción en alemán. Traballou brevemente na Universidade de Durham (1945) e logo ensinou na de Birmingham ata que en 1961 foi invitado a presidir a cátedra de Filoloxía Comparada na Humboldt-Universität de Berlín Oriental; pero nese ano levantouse o famoso Muro de Berlín e tras catro anos de crecente desilusión política volveu a Occidente. Un ano máis tarde foi invitado a ocupar un posto especialmente establecido para el na Universidade de Reading, que se volveu cátedra en 1968, e permaneceu nela ata a súa xubilación en 1982. De extensos e profundos coñecementos, foron proverbiais tanto o seu fobia á tecnoloxía e ás tarefas administrativas como o seu contaxioso entusiasmo por resolver calquera problema erudito, lingüístico ou etimolóxico [1].

Obras (incompleto)[editar | editar a fonte]

  • An Informal History of the German Language (1965, 2nd edn. 1976).
  • Historical German Syntax (1968).
  • A Panorama of Indo-European Languages (1972).
  • Languages of the British Isles Past and Present (1975).
  • An Introduction to Modern Faroese (1977, 4th edn. 2002).
  • The Oxford Dictionary of British Bird Names (1984, 2nd edn. 1993).
  • German Today: The Advanced Learner's Guide (1987).
  • Lehrbuch der modernen jiddischen Sprache (1995).
  • An Informal Introduction to English Etymology (1995).

Notas[editar | editar a fonte]