William Beckford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Beckford
Beckford, William (1760-1844) - 2.jpg
William Beckford
Datos persoais
William Thomas Beckford
Nacemento 1 de outubro de 1760
Lugar Londres, Inglaterra
Falecemento

2 de maio de 1844

(83 anos)
Lugar Bath, Somerset, Inglaterra
Nacionalidade inglesa
Actividade
Obras principais Vathek (c. 1781); Memoirs of Extraordinary Painters (1780); Letters from Italy with Sketches of Spain and Portugal (1835)
Ocupación escritor, coleccionista de arte e político

William Thomas Beckford, nado o 1 de outubro de 1760 e finado o 2 de maio de 1844, foi un novelista, crítico de arte e político inglés. Foi membro do Parlamento de 1784 ata 1790 por Wells[1], e por Hindon de 1790 ata 1795 e de novo entre 1806 e 1820.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fonthill Abbey deseñada para William Beckford polo arquitecto James Wyatt

Beckford naceu na mansión familiar en Soho Square 22[3]. Cando tiña dez anos herdou unha importante fortuna do seu pai William Beckford que conistía en un millón de libras en metálico, terras en Fonthill en Wiltshire e varias plantacións de azucre en Xamaica. Esta seguridade económica permitiulle desenvolver o seu interese na arte e na arquitectura, así como tamén escribir, mesmo recibiu clases de Wolfgang Amadeus Mozart.

En 1783 casou con filla do conde de Aboyne, Margaret Gordon, aínda que Beckford era bisexual e tras ser acusado de seducir a William Courtenay, fillo do conde de Devon, tivo que se exiliar acompañado da súa dona. En 1786 publicou a súa obra máis coñecida, a novela gótica Vathek (1786), escrita orixinalmente en francés uns anos antes. Os seus outros escritos máis coñecidos son Memoirs of Extraordinary Painters (1780), unha obra satírica, e Letters from Italy with Sketches of Spain and Portugal (1835), un libro de viaxes. En 1793 visitou Portugal, vivindo alí durante un tempo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The House of Commons Constituences Beginning whith W" (en inglés). Consultado o 14 de setembro do 2017.  Carácter tabulación horizonal en |título= na posición 21 (Axuda)
  2. "The House of Commons Constituences Beginning whith H" (en inglés). Consultado o 14 de setembro do 2017.  Carácter tabulación horizonal en |título= na posición 21 (Axuda)
  3. "Soho Square Area: Portland Estate, No. 22 Soho Square" (en inglés). Consultado o 14 de setembro do 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]