Wikipedia:Wikigap Hackeando o patriarcado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O xoves 18 de novembro de 2021 ten lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, situada no Campus Lagoas-Marcosende, un Wikigap no marco da terceira edición do workshop “Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado“, co obxectivo de manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado “patriarcado dixital”. Este ano o lema do workshop será "Intelixencia artificial feminista fronte aos algoritmos machistas"[1].

O propósito do Wikigap é facer unha introdución á fenda de xénero dentro da Wikipedia, o nesgo de xénero na Wikipedia. O obradoiro é impartido por Adrián Estévez, e para participar é preciso a inscrición previa.

Temas a tratar[editar a fonte]

Hai nesgo de xénero na Wikipedia?[editar a fonte]

  • Estatísticas: o 1 de novembro, 19,478 % de biografías de mulleres na Wikipedia en galego.
  • Que é a Wikipedia? Como funciona?
  • Quen edita na Wikipedia? Home branco con acceso a Internet, xeralmente con estudos universitarios.
  • Uso de referencias: de onde se toma a información? Emprego de Wikidata e control de autoridades. Información que aparece ao buscarmos en Google.
  • En que campos hai máis nesgo? Edítase en base aos intereses particulares. Deporte? Política? Cinema?

Como reverter o nesgo?[editar a fonte]

  • Páxina de coordinación: Wikipedia:Wikiproxecto mulleres.
  • Outras actividades: wikimaratóns e editatóns temáticas (ver abaixo).
  • Editar! Be brave!. Sobre que podemos editar?
Biografías: científicas, deportistas, xornalistas, políticas, artistas...
Artigos xenéricos

Propostas de artigos[editar a fonte]

Véxase tamén[editar a fonte]

Ligazóns externas[editar a fonte]

Outras páxinas[editar a fonte]


<<< Evento anterior: 12/3/2020, A Coruña.
Editatona Reto 50+
Wikigap
Hackeando o patriarcado

18/11/2021, Vigo
Evento seguinte: data e lugar por determinar. >>>
Evento por determinar