Saltar ao contido

Karina Gibert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKarina Gibert

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Figueres, España Editar o valor en Wikidata
Decana Colexio Oficial de Enxeñaría de Informática de Cataluña
2023 –
Directora Ideai-UPC
18 de febreiro de 2021 –
← Cecilio Angulo Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Politécnica de Cataluña - Doutora en filosofía (1991–1995) Editar o valor en Wikidata
Tese académicaL'us de la informació simbòlica en l'automatització del tractament estadístic de dominis poc estructurats Editar o valor en Wikidata
Director de teseUlises Cortés Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIntelixencia artificial e ciencia de datos Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninvestigadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Politécnica de Cataluña, catedrático de universidade (2018–)
Universidade Politécnica de Cataluña, mestra (1990–2018) Editar o valor en Wikidata
Membro de
CETRA (2024–) Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJorge Enrique Rodas Osollo, ‪Alejandra Alicia Pérez Bonilla, Gustavo Rodríguez Silva, Montserrat Batet, Beatriz Sevilla Villanueva, Alejandro Garcia-Rudolph, Arturo Palomino Gayete e Xavier Angerri Torredeflot Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1725321 Dialnet: 613968

Karina Gibert i Oliveras, nada en Figueres (Cataluña) no 1967, é catedrática na Universidade Politécnica de Cataluña (Barcelona) licenciada e doutora en Informática. Está especializada en intelixencia artificial e estatística computacional.[1] A súa liña principal de investigación é a extracción de coñecemento estratéxico a partir de datos e en sistemas intelixentes.[2] Defende a igualdade entre mulleres e homes, tentando reducir a fenda de xénero no ámbito dixital con diversos proxectos, pois imparte numerosas conferencias sobre a desigualdade de xénero na intelixencia artificial e é a fundadora de donesCOEINF e donesIAcat, entre outros.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

É licenciada (1990) e doutora (1995) en Informática, nas especialidades de estatística computacional e Intelixencia Artificial, e fixo un posgrao en Docencia para a Educación Superior en 1996.[2][5]

Dende 1980, é docente da UPC e dende 2018, é catedrática da Universitat Politécnica de Catalunya - Barcelona Tech (UPC). Imparte diversas materias sobre estatística, análise multivariada, minaría de datos, ciencia de datos e sistemas intelixentes de apoio á decisión en varios graos e másteres da UPC.[2]

É a cofundadora e actual directora dende do centro de investigación Intelligent Data Science and Artificial Intelligence (IDEAI- UPC),[6] sendo secretaria entre os anos 2017 e 2021. É decana da Presidencia da Igualdade e Ética do Colexio Oficial de Enxeñaría en Informática de Cataluña dende 2020[7] (antiga vicedecana de Big Data, Data Science e Intelixencia Artificial do COEINF).[2] Dende 2025 é directora da rede doctoral Marie Curie i3WaterS.[8]

É fundadora da comisión donesCOEINF para a fenda de xénero en Enxeñería Informática, fundadora de donesIAcat e cofundadora de Mulleres en Enxeñería Informática, un grupo de mulleres do Consello Xeral de Colexios de Enxeñería Informática de España. Ademais, é membro e xefa de comunicación da comisión Muller e Igualdade da Asociación de Colexios Profesionais de Cataluña dende 2019.[2] É a directora académica da plataforma de formación Top Secret Rosies, dirixida a rapazas que cursaron carreiras STEM e participa no programa Aquí STEAM da UPC.[9]

Traballa activamente na rexión de Cataluña, pois é membro do grupo de traballo Catalonia.AI dende 2018 e participou na elaboración do Plan Estratéxico de IA do goberno catalán. Ademais, é membro do consello asesor de transparencia da área metropolitana de Barcelona dende 2021 e membro do comité de ética dos datos do goberno catalán dende 2022.[2] É a directora do curso divulgativo ciutadanIA.[9]

A nivel nacional, é representante do COEINF no comité de normalización UNE de Intelixencia Artificial dende 2019 e no comité de Big Data dende 2017. Tamén é representante do Consello de Colexios Españois en Enxeñería Informática á comisión de selos internacionais da ANECA, dende 2021. É experta en Intelixencia Artificial do Senado Español, na Comisión de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Ademais, é representante de IDEAI na rede nacional de investigación IAbiomed e na Task Force de Salut de Planetic.[2]

A nivel europeo, asesora á Comisión Europea en temas de ética e intelixencia artificial, e é editora da revista Environmental Modeling and Software.[10][11] Ademais, é consultora da Organización Mundial da Saúde en caracterización de sistemas de saúde mental.[12]

Actividade científica

[editar | editar a fonte]

Karina Gibert traballa en numerosos campos relacionados coa estatística e a intelixencia artificial, entre os que se encontran a ciencia de datos, o descubrimento de coñecemento a partir de bases de datos, a minaría de datos, a estatística multivariante, o agrupamento, a intelixencia artificial explicable, a intelixencia artificial ética, a aprendizaxe automática, as aplicacións sanitarias da intelixencia artificial, as aplicacións ambientais da intelixencia artificial, os métodos híbridos de minería de datos con intelixencia artificial e estatística e a fenda de xénero na enxeñaría informática, entre outros.[13]

A súa investigación destaca polo seu carácter multidisciplinar e a transferencia de tecnoloxía á sociedade. A súa liña principal de traballo é a extracción de coñecemento estratéxico a partir de datos e sistemas intelixentes dende unha perspectiva ética e explicable.[12] Ademais, destácanse as súas contribucións á medicina coa intelixencia artificial, con proxectos como Diet4You (proxecto para avaliar dietas personalizadas para estilos de vida saudable tendo en conta a saúde, estilos de vida e expresións xenéticas),[2] e a súa implicación social con proxectos como ReDivIAcat (proxecto para detectar desigualdades nas aplicacións do goberno de Cataluña coas que interactúa a cidadanía), INSESS-COVID19 (proxecto para descubrir novas vulnerabilidades sociais producidas pola crise COVID19) ou GAVIUS (proxecto para axudar de forma activa á poboación vulnerable coas xestións da administración pública).[14]

Con 4011 citas en agosto de 2025, o seu artigo máis citado ata esa data é Minería de datos: Conceptos y tendencias.[15]

Igualdade de xénero

[editar | editar a fonte]

Karina defende a igualdade de xénero, especialmente na Enxeñaría Informática e na Intelixencia Artificial. Considera que é necesario que as mulleres traballen nestes campos para conseguir un mundo que nos represente a todos, xa que agora está nesgado debido á alta porcentaxe de homes que están involucrados nestas disciplinas.[16]

Para reducir a fenda dixital de xénero, Karina participa en numerosas conferencias e entrevistas, e adoita pronunciarse no día na muller ou no día das nenas nas TIC.[4] Ademais, é fundadora da comisión donesCOEINF, un programa para realizar seguimento da fenda de xénero en enxeñaría informática que proporciona o contacto das mulleres que traballan no COEINF, intentando romper estereotipos do perfil de informático.[17] Ademais, fundou os seguintes programas relacionados con diminuír a fenda de xénero no ámbito da informática: donesIAcat, donesIDEAI, Mujeres en Ingeniería Informática e donesIntercolcat.[18] É directora do programa Top Secret Rosies, unha iniciativa no ámbito da intelixencia artificial dirixida a mulleres que cursan ou que se graduaron recentemente nunha carreira STEAM. Nela impártense coñecementos de intelixencia artificial con perspectiva de xénero, e as rapazas que o cursan adoitan rematar o programa traballando nunha empresa. acompáñanse ás rapazas na súa vida académica.[19]

Fixo numerosos descubrimentos en canto á desigualdade de xénero non estritamente dentro do ámbito dixital. Dous dos máis destacados son relacionados coa pandemia de 2020. O primeiro é que os datos de xente en exclusión social indicaban que había menos mulleres que homes que pasaran a ERTE. Investigando, descubriu que estes datos non indicaban que houbese un maior respecto ás mulleres, senón que o 90% de mulleres do estudo estaban en traballo irregular ou sen contrato, polo que non se podían mandar a ERTE. O segundo é que cando foi o confinamento, o número de chamadas telefónicas ao teléfono de atención á muller baixou nun 70%. De novo, isto parecía un bo sinal, xa que semellaba que o maltrato ás mulleres se reducía. Porén, a situación real era que as mulleres estaban encerradas nas súas casas cos maltratadores, sen ter posibilidade de chamar para pedir axuda. Cando se decataron disto, habilitaron un pavillón para que toda persoa que non se puidera confinar en casa, fose alí. Estas son dúas das investigacións que realizou Karina, entre moitas outras, para axudar a reducir a fenda de xénero traballando na interpretación dos datos.[14]

Traballa en incidencia política en Cataluña, co consello nacional das mulleres, que é órgano consultivo da ONU. Participou no parlamento das mulleres en 2023, declarado como boa práctica democrática pola comisión europea. Neste parlamento, presidido pola conselleira de igualdade, simúlase a actividade parlamentaria coas parlamentarias reais e tómanse diferentes decisións, por exemplo, creouse un manifesto para o día da violencia de xénero, entre outros.[14]

Para que haxa máis mulleres traballando no sector dixital, Karina considera que é moi importante que se creen redes de mulleres, para poder compartir experiencias. Isto débese a que as mulleres que traballan no sector, ademais de seren poucas, están soas, polo que se non se forman redes é máis fácil que haxa discriminación.[14]

Artigos na prensa

[editar | editar a fonte]
Karina Gibert no debate Intel·ligència i artifici: podran pensar les màquines? na UPEC 2024.

Para achegar os seus coñecementos á sociedade, ademais das numerosas entrevistas en medios locais e nacionais, escribiu algúns artigos para medios de comunicación ao longo da súa traxectoria profesional.

  • La IA a Catalunya, un ecosistema prometedor, 2020.[20]
  • El lugar que ocupa la inteligencia artificial en el futuro del trabajo, 2023.[21]
  • La Inteligencia Artificial a debate ¿amiga o enemiga?, 2024.[22]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Membro de honra electo de iEMS 2007.
  • Premio ao mellor proxecto europeo de e-Health da UE 2010 ao proxecto K4Care.
  • Primeiro premio HackingBullipedia 2013.
  • Premio donaTIC 2018 na categoría académica/investigadora.
  • Finalista dos premios AMETIC 2021 polo proxecto Top Secret Rosies.
  • Finalista dos premios European Social Services Awards 2021 polo proxecto INSESS-COVID19.
  • Mención de honra do premio Creu Casas 2021.
  • Mención de honra do premio Creu Casas 2022.[2]
  • Premio Ada Byron do CPEIG compartido con Nuria Castell Ariño en 2022.[23]
  • Premio WomenTech 2023.
  • Premio Nacional de Enxeñaría Informática 2023.[24]
  • Recoñecida como unha das 100 mulleres máis influentes de Cataluña 2025.[25]
  1. "Dra. Karina Gibert – Biografia - Col·legi Oficial d'Enginyeria Informàtica de Catalunya COEINF". enginyeriainformatica.cat (en catalán). 26-09-2023. Consultado o 28-08-2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Prof. Karina Gibert [♀]" (PDF). eio.upc.edu (en castelán). Consultado o 28-08-2025. 
  3. "Karina Gibert". The Conversation (en inglés). 30-01-2023. Consultado o 28-08-2025. 
  4. 4,0 4,1 Fuente, Elena De la (27-04-2023). "Karina Gibert: "Tenemos una brecha de género en el sector que conviene reducir desde edades tempranas"". Colegio Oficial Ingenieros Informática Principado Asturias (en castelán). Consultado o 28-08-2025. 
  5. "Karina Gibert ,catedrática de la Universitat Politécnica de Catalunya-BarcelonaTech". WomanLiderTIC (en castelán). 04-11-2019. Consultado o 29-08-2025. 
  6. Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2021-11-18. 
  7. "Degana". enginyeriainformatica.cat (en catalán). Consultado o 30 de agosto de 2025. 
  8. "Karina Gibert". ACCOUNTEX - IFEMA MADRID (en castelán). Consultado o 29-08-2025. 
  9. 9,0 9,1 "Karina Gibert". CCCB (en castelán). Consultado o 29-08-2025. 
  10. Gibert, Karina (2020). "La IA a Catalunya, un ecosistema prometedor". Revista Idees (Centre d'Estudis de Temes Contemporanis de la Generalitat de Catalunya) (Núm. 48). ISSN 2385-765X. Consultado o 23 juliol 2020. 
  11. "Karina Gibert: "En enginyeria informàtica, la presència femenina és mínima"". ccma.cat (en catalán). 16 de decembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  12. 12,0 12,1 "Karina Gibert Oliveiras". Igualdade, Diversidade e Violencia no Traballo: Actualidade e Futuro. 30-05-2023. Consultado o 29-08-2025. 
  13. "Karina Gibert". Departament d'Estadística i Investigació Operativa. EIO (en inglés). Consultado o 29-08-2025. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) (20-06-2024). "Conferencia: 'Inteligencia Artificial y género'" (en castelán). Consultado o 29-08-2025. 
  15. "Google Scholar". scholar.google.com. Consultado o 29-08-2025. 
  16. "Karina Gibert: «Si hubiera mujeres diseñando coches, no conduciríamos con las piernas abiertas»". La Voz de Galicia (en castelán). 28-05-2023. Consultado o 29-08-2025. 
  17. "DonesCOEINF - Col·legi Oficial d'Enginyeria Informàtica de Catalunya COEINF" (en catalán). 21-06-2018. Consultado o 29-08-2025. 
  18. "Karina Gibert". Departament d'Estadística i Investigació Operativa. EIO (en inglés). Consultado o 30-08-2025. 
  19. "Top Secret Rosies". Top Secret Rosies (en catalán). Consultado o 30-08-2025. 
  20. "La IA a Catalunya, un ecosistema prometedor". revistaidees.cat. 25 de marzo de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2025. 
  21. "El lugar que ocupa la inteligencia artificial en el futuro del trabajo". theconversation.com (en castelán). 1 de febreiro de 2023. Consultado o 30 de agosto de 2025. 
  22. "LA INTELIGENCIA ARTIFICIAL A DEBATE: ¿AMIGA O ENEMIGA?" (PDF). cidob.org (en castelán). 2025. Consultado o 30 de agosto de 2025. 
  23. Galicia, Economía en. "El Premio Ada Byron del CPEIG será compartido". Economía en Galicia (en castelán). Consultado o 2022-06-19. 
  24. "Karina Gibert". CCCB (en castelán). Consultado o 28-08-2025. 
  25. WOMEN, FORBES (06-06-2025). "Las 100 Mujeres más Influyentes de Cataluña 2025". Forbes España (en castelán). Consultado o 2025-08-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]