Nesgo de xénero na Wikipedia
O nesgo de xénero na Wikipedia refírese a unha crítica da enciclopedia en liña Wikipedia segundo a cal a natureza e a cantidade do seu contido están tendencialmente influenciadas polo feito da maioría dos seus editores ser do sexo masculino.[1] Está entre as críticas máis frecuentes á Wikipedia e parte dunha crítica máis xeral sobre unha fenda sistémica na enciclopedia. A Wikipedia ten normalmente menos entradas, e con menor extensión, sobre mulleres ou de temas importantes para as mulleres en comparación ás entradas sobre homes ou sobre temas importantes para os homes. A Fundación Wikimedia, que mantén a Wikipedia, concorda con esas críticas e realiza accións para aumentar a participación de mulleres na Wikipedia.
Conclusións da pescuda e cuestións
[editar | editar a fonte]"A gran maioría dos editores da Wikipedia son homes novos, con formación universitaria", un grupo demográfico que ten sido descrito como "un grupo de homes geeks que son o suficientemente ricos para pagar 2 000 dólares para ter un computador portátil e unha conexión de banda larga."[2] As pescudas indicaron que entre o 8,5% e o 16% das persoas que editan a Wikipedia son do sexo feminino.[3][4][5] Consecuentemente, a Wikipedia foi criticada por algúns académicos e xornalistas por ter principalmente contribuidores do sexo masculino,[6][7] e por ter menos e artigos sobre mulleres ou de temas importantes para as mulleres e por eses artigos seren normalmente pouco extensos. The New York Times apuntou que a taxa de participación das mulleres na Wikipedia pode estar de acordo con outros "foros públicos de relevancia". En 2009, unha pescuda da Fundación Wikimedia revelou que o 6% dos editores que fixeron máis de 500 edicións eran do sexo feminino, co editor home típico tendo de media o dobre de edicións en comparación ás editoras típicas.[8]
Nas Wikipedias, en especial a de inglés, a proporción de artigos sobre mulleres en relación a artigos sobre homes foi maior do que noutros tres bancos de datos. No entanto, a análise lingüística computacional concluíu que a maneira como as mulleres e os homes son descritos nos artigos demostra fenda, cos artigos sobre mulleres tendo maior probabilidade de uso excesivo de palabras relacionadas a xénero e familia. Os pescudadores cren que iso é un sinal de que os editores da Wikipedia consideran o xénero masculino o "xénero neutro".[9] Outra crítica da abordaxe da Wikipedia, baseada nun editorial do The Guardian de 2014, é que ten dificultade en tomar decisións sobre "o que importa". Para ilustrar este punto, notaron que o contido relacionado con actrices de filmes pornográficos estaba máis ben organizado do que o contido sobre escritoras.[10]
En 2010, a Universidade das Nacións Unidas e o UNU-MERIT, conxuntamente, presentaron unha síntese dos resultados dun pescuda global da Wikipedia.[11] O 30 de xaneiro de 2011, un artigo de The New York Times citou unha pescuda da Fundación Wikimedia, segundo a cal menos do 13% dos colaboradores da Wikipedia son mulleres. Sue Gardner, entón directora executiva da fundación, dixo que o aumento da diversidade faría mellorar a enciclopedia. Os factores que o artigo citou para explicar o baixo número de mulleres editando foi entre outros motivos o asedio que pode ocorrer contra as mulleres nos ambientes wiki.[12] En 2013, os resultados da pescuda foron cuestionados e indicouse que, nos EUA, a participación das mulleres representaba o 22,7% e, en xeral, o 16,1% do total.
En febreiro de 2011, The New York Times realizou unha serie de columnas sobre o tema "Onde están as mulleres na Wikipedia?"[13] Susan C. Herring, profesora de ciencia da información e lingüística, dixo que a ela non lle sorprendía a disparidade de xénero na Wikipedia. Dixo que a natureza controversa de moitas páxinas de discusión de artigos tórnase desagradábel para moitas mulleres, "se non realmente intimidantes."[14] Joseph M. Reagle reaccionou da mesma forma, dicindo que a combinación dunha "cultura de elitismo hacker" e do efecto desproporcional de membros virulentos, mesmo estes sendo unha minoría pode tornar o ambiente da comunidade desagradábel. Dixo: "a ideoloxía e a retórica da liberdade e da abertura poden ser usadas (a) para suprimir preocupacións sobre discursos impropios ou ofensivos como se fosen "censura" e (b) racionalizar a baixa participación feminina como simplemente unha cuestión de preferencia persoal e de escolla."[15] Justine Cassell dixo que, aínda que as mulleres sexan tan ben informadas canto os homes e tan capaces canto homes de defender o seu punto de vista, "é aínda o caso na sociedade norteamericana, que o debate, a disputa e a defensa vigorososa dunha posición moitas veces sexan aínda vistos como unha postura masculina, e ese tipo de estilo en mulleres pode suscitar avaliacións negativas."[16]
O International Journal of Communication publicou unha pescuda de Reagle e Lauren Rhue que analizou a cobertura, representación de xénero e tamaño de artigos de miles de asuntos biográficos na Wikipedia en lingua inglesa e na Encyclopædía Britannica en liña. Concluíron que a Wikipedia tiña unha cobertura mellor e artigos máis longos en xeral sobre mulleres, que a Wikipedia normalmente tiña máis artigos sobre mulleres do que a Britannica, en termos absolutos, mais que había maior propensión de artigos sobre mulleres estaren ausentes na Wikipedia se comparados cos de homes en relación á Britannica. Isto é, a Wikipedia era mellor do que a Britannica en termos de cobertura biográfica, mais aínda mellor cando se trataba de homes. Da mesma forma, pódese dicir que a Britannica é máis equilibrada en quen negligencia do que a Wikipedia. Para as dúas obras de referencia, a lonxitude do artigo non era consistentemente distintos, por xénero.[17]
En abril de 2011, a Fundación Wikimedia, a súa primeira pescuda semestral sobre a Wikipedia, indicou que o 9% dos editores da Wikipedia son mulleres. Tamén revelou que, "ao contrario da percepción dalgúns, os nosos datos mostran que poucas mulleres editoras senten que elas son asediadas e moi poucas senten que a Wikipedia é un ambiente sexualizado."[18] No entanto, en outubro de 2011, un artigo no papel no International Symposium on Wikis and Open Collaboration mostrou que as evidencias suxiren que a Wikipedia pode ter "unha cultura que crea barreiras á participación feminina".[19]
Un estudo publicado en 2014 descubriu que hai tamén un "hiato de habilidade en Internet" con relación aos editores da Wikipedia. Os autores encontraron que hai maior probabilidade dos colaboradores máis altamente cualificados seren homes e que non hai ningunha disparidade de xénero entre os pouco cualificados; concluíron que o "hiato de competencias" agrava as disparidades de xénero entre os editores.[20] Entre 2010 e 2014, as mulleres representaran case o 61% dos participantes dos cursos universitarios organizados pola Fundación de Wiki Educación. As súas contribucións, viuse, desprazaban o contido da Wikipedia da cultura pop e de temas de exactas para as ciencias sociais e humanidades.[21]
En 2016, Wagner et al.[22] encontraron unha fenda de xénero lingüístico en asuntos relacionados coa familia, xénero e relacións en entradas sobre mulleres, en comparación cos de homes. Os autores tamén encontraron diferenzas estruturais en termos de metadatos e ligazóns, o que ten consecuencias negativas na busca por informacións sobre mulleres.
Un estudo de 2017 concluíu que as mulleres que participaron dunha experiencia editando un sitio web como a Wikipedia entendían os outros editores como homes e entendían as súas respostas como máis críticas que cando había sinais de que o xénero do editor era neutro. O estudo concluíu que:[23]
...editoras visibelmente mulleres na Wikipedia e o uso de feedbacks positivos poden diminuír o hiato de xénero na Wikipedia. Mais do que iso, a alta proporción de editores anónimos pode exacerbar o hiato de xénero na Wikipedia, xa que o anonimato é moitas veces percibido como masculino e máis crítico.
Un estudo realizado por Ford e Wajcman observou que a fenda de xénero continúa a interpretar o problema como un déficit en mulleres. En contraste, o seu argumento central afirma que os estudos feministas sobre a infraestrutura da tecnociencia permiten a análise de xénero noutro nivel. Examinaron tres cuestións dentro da infraestrutura: políticas de contido, software e base legal das operacións. Suxiren que progreso pode ser feito a partir da mudanza da cultura de produción de coñecemento, incentivando alternativas de coñecemento, reducindo as barreiras técnicas para a edición e afrontando a complexidade das políticas Wikipedia.[24]
Causas
[editar | editar a fonte]Foron suxeridas varias causas para a disparidade de xénero. Un estudo de 2010, revelou que a participación feminina na Wikipedia, do 13%, era próxima á doutros foros en Internet, con taxa de participación das mulleres en 15%.[25] A pescudadora da Wikipedia Sarah Stierch recoñeceu que é "bastante común" dentro da Wikipedia que os editores manteñan o seu xénero como non identificado.[26] A percepción dunha cultura pouco acolledora e a tolerancia a linguaxe abusiva son tamén razóns entendidas como fomentando o hiato de xénero.[27] De acordo cun estudo de 2013,[28] outra causa para o hiato de xénero na Wikipedia é o fallo en atraer e reter editoras, resultando nun impacto negativo na abranxencia da Wikipedia. Na Wikipedia, "...as editoras que publicamente se identifican como mulleres afrontan asedio" doutros editores da Wikipedia.
A ex-directora executiva da Fundación Wikimedia Sue Gardner citou nove razóns para que as mulleres non editen a Wikipedia, nunha síntese de comentarios de editoras:
- A falta de usabilidade na interface de edición
- Tempo libre suficiente
- A falta de autoconfianza
- Aversión ao conflito e falta de ganas de participar de longas guerras de edición
- Crenza de que súas contribucións son moi propensas a seren revertidas ou excluídas
- Atmosfera xeral misóxina
- Cultura sexual explícita
- Ser tratada como un home é desanimador para as mulleres cuxo idioma principal ten diferenciación de xénero
- Menos oportunidades do que noutros sitios web para relacións sociais e un ton acolledor
Lam et al. suxiren que pode haber unha cultura que non é inclusiva das mulleres na Wikipedia, o que pode ser debido a unha disparidade en temas representados e editados con cuño masculino en relación a temas con cuño feminino, a tendencia a usuarias seren máis activas nos aspectos sociais e comunitarios da Wikipedia, un aumento na probabilidade de que as edicións realizadas por novas editoras sexan revertidas e/ou os artigos con alta proporción de mulleres editoras envolvidas teren máis controversias.
En xullo de 2014, a National Science Foundation anunciou que iría gastar $200.000 para un estudo sistémico da fenda de xénero na Wikipedia. Un artigo de Julia Adams e Hannah Brückner que foi apoiado polo financiamento foi publicado en 2015.
Unha preocupación é que os artigos sobre mulleres poidan ter maior probabilidade de seren marcados para eliminación.
Reaccións
[editar | editar a fonte]A Fundación Wikimedia asume oficialmente, polo menos desde 2011, cando Gardner era directora-executiva, que a fenda de xénero existe no proxecto. A fundación fixo algunhas accións para tentar resolver esa fenda, mais Gardner expresou frustración co grao de éxito alcanzado. Tamén observou que, "no tempo moi limitado de lecer que as mulleres tiñan, tendían a estar máis envoltas en actividades sociais, en vez de editar a Wikipedia. 'As mulleres ven a tecnoloxía como máis unha ferramenta que utilizan para realizar as tarefas, en vez de algo divertido en si mesmo.'Predefinición:'" En 2011, a Fundación estabeleceu unha meta de ter 25 por cento dos seus colaboradores, identificándose como do sexo feminino até 2015. En agosto de 2013, Gardner dixo: "Eu non solucionei [o problema]. Nós non o solucionamos. A Fundación Wikimedia non o solucionou. A solución non virá da Fundación Wikimedia."
En texto na Slate, en 2011, Heather Mac Donald chamou o desequilibrio de xénero da Wikipedia un "non-problema en busca dunha solución equivocada." Mac Donald afirmou: "De máis simple explicación para as distintas taxas de participación na Wikipedia—o que está de acordo coa experiencia cotiá—é que, na media, homes e mulleres teñen distintos intereses e formas preferidas de pasar seu tempo libre."
En agosto de 2014, o cofundador da Wikipedia Jimmy Wales anunciou en entrevista na BBC os plans da Fundación Wikimedia de "dividir pola metade" a fenda de xénero no contido na Wikipedia. Wales dixo que a fundación estaría aberta de máis divulgación e mudanzas de software.[29]
Esforzos para aumentar a participación feminina
[editar | editar a fonte]Organizáronse editatonas específicas para aumentar a cobertura de tópicos relacionados a mulleres na Wikipedia e para incentivar a editaren na Wikipedia a máis mulleres.[30][31] Eses eventos son moitas veces apoiados pola Fundación Wikimedia,[32] a cal, por veces, fornece mentores e tecnoloxía para axudar a orientar os novatos.[33]
A propia Galipedia comezou a traballar nesta liña coa creación do Wikiproxecto Galegas en 2013. No 2014 apareceu o proxecto Women in Red[34] do que se fixeron eco moitas wikipedias, entre elas a Galipedia través do Wikiproxecto mulleres e o Wikiproxecto Feminismo. Complementando estas iniciativas permanentes, a Galipedia vén desenvolvendo actividades de edición enfocadas a traballar o nesgo nos contidos, por medio de distintos wikimaratóns temáticos polo Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o Día Internacional da Muller Traballadora.[35][36][37][38] En 2019, en Vigo, houbo un curso para aumentar o número de editoras organizado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas impartido por Montserrat Boix.[39][40] Dentro da Galipedia actúa, de xeito continuado, un sistema de mentores para facilitar a incorporación de persoas que se queiran iniciar na edición na Galipedia.
Tamén en 2019 xurdiu a Cátedra Feminismos 4.0 DePo-UVigo para identificar machismos dixitais.[41]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guminski, Sarah. "What Makes Wikipedia's Volunteer Editors Volunteer?".
- ↑ Montellaro, Zach (18 de novembro de 2015). "How Does Political Wikipedia Stay Apolitical?: The seventh-most visited site is one of the first online listings for any elected official—but how does a site that stakes its reputation on neutrality walk that line". www.theatlantic.com. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- ↑ Lih, Andrew (20 de xuño de 2015). "Can Wikipedia Survive?". Washington: www.nytimes.com. Consultado o 21 de xuño de 2015.
- ↑ Statistics based on Wikimedia Foundation Wikipedia editor surveys 2011 Arquivado 02 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (Nov. 2010-April 2011) and November 2011 Arquivado 5 de xuño de 2016 en Wayback Machine. (Abril – Outubro 2011)
- ↑ Hill, Benjamin Mako; Shaw, Aaron; Sánchez, Angel (26 de xuño de 2013). "The Wikipedia Gender Gap Revisited: Characterizing Survey Response Bias with Propensity Score Estimation". PLoS ONE 8 (6). pp. e65782. Bibcode:2013PLoSO...865782H. PMC 3694126. PMID 23840366. doi:10.1371/journal.pone.0065782. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Reagle, Joseph. ""Free as in sexist?": Free culture and the gender gap". First Monday. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ "Joseph Reagle on the gender gap in geek culture". 26 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ "WP:Clubhouse? An Exploration of Wikipedia’s Gender Imbalance" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ arXiv, Emerging Technology from the. "Computational Linguistics Reveals How Wikipedia Articles Are Biased Against Women". MIT Technology Review (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2017.
- ↑ The Guardian 2014 (London) The Guardian view on Wikipedia: evolving truth Arquivado November 12, 2016, en Wayback Machine.
- ↑ Glott, Ruediger; Schmidt, Philipp; Ghosh, Rishab (marzo de 2010). "Wikipedia Survey: Overview Results" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2010. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Cohen, Noam (30 de xaneiro de 2011). "Define Gender Gap? Look Up Wikipedia's Contributor List". New York Times. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Where Are the Women in Wikipedia?". New York Times. 2 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2014.
- ↑ Herring, Susan C. (4 de febreiro de 2011). "Communication Styles Make a Difference". New York Times (opinion). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2014. Consultado o 11 de agosto de 2014.
- ↑ Reagle, Joseph M. (4 de febreiro de 2011). "'Open' Doesn't Include Everyone". New York Times (opinion). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 11 de agosto de 2014.
- ↑ Cassell, Justine (4 de febreiro de 2011). "Editing Wars Behind the Scenes". New York Times (opinion). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Reagle, Joseph; Rhue, Lauren (2011). "Gender Bias in Wikipedia and Britannica". International Journal of Communication 5 (Joseph Reagle & Lauren Rhue ed.). pp. 1138–1158. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "Wikipedia Editors Study: Results From The Editor Survey, April 2011" (PDF). Wikipedia. abril de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2014. Consultado o 18 de maio de 2014.
- ↑ Lam, Shyong K.; Uduwage, Anuradha; Dong, Zhenhua; Sen, Shilad; Musicant, David R.; Terveen, Loren; Reidl, John (outubro de 2011). WP:Clubhouse? An Exploration of Wikipedia’s Gender Imbalance (PDF). WikiSym'11. ACM. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Hargittai, Eszter; Shaw, Aaron (4 de novembro de 2014). "Mind the skills gap: the role of Internet know-how and gender in differentiated contributions to Wikipedia". Information, Communication & Society 18. pp. 1–19. doi:10.1080/1369118X.2014.957711.
- ↑ Bruce Maiman (23 de setembro de 2014). "Wikipedia grows up on college campuses". The Sacramento Bee. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2014. Consultado o 23 de setembro de 2014.
- ↑ Wagner, Claudia; Graells-Garrido, Eduardo; Garcia,, David; Menczer, Filippo (1 de março de 2016). "Women through the glass ceiling: gender asymmetries in Wikipedia". EPJ Data Science 5 (5). doi:10.1140/epjds/s13688-016-0066-4.
- ↑ Shane-Simpson, Christina; Gillespie-Lynch, Kristen (janeiro de 2017). "Examining potential mechanisms underlying the Wikipedia gender gap through a collaborative editing task". Computers in Human Behavior 66. pp. 312–328. doi:10.1016/j.chb.2016.09.043.
- ↑ Ford, Heather; Wajcman, Judy (2017). "'Anyone can edit', not everyone does: Wikipedia and the gender gap". Social Studies of Science 47. pp. 511–527. doi:10.1177/0306312717692172. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Yasseri, Taha; Liao, Han-Teng; Konieczny, Piotr; Morgan, Jonathan; Bayer, Tilman (31 de xullo de 2013). "Recent research — Napoleon, Michael Jackson and Srebrenica across cultures, 90% of Wikipedia better than Britannica, WikiSym preview". The Signpost. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "The women of Wikipedia: Closing the site's giant gender gap". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "In UK, rising chorus of outrage over online misogyny". CSMonitor.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Jonathan T. Morgan; Siko Bouterse; Sarah Stierch; Heather Walls. "Tea & Sympathy: Crafting Positive New User Experiences on Wikipedia" (PDF). Fundación Wikimedia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de novembro de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "Wikipedia 'completely failed' to fix gender imbalance". Arquivado dende o orixinal o 2016-12-29. BBC entrevista con Jimmy Wales, 8 de agosto de 2014; comeza ós 45 segundos.
- ↑ Capelhuchnik, Laura (9 de marzo de 2018). "A iniciativa que quer enfrentar a sub-representação feminina na Wikipedia". Nexo Jornal. Consultado o 29 de agosto de 2018.
- ↑ "Closing Wikipedia’s Gender Gap — Reluctantly". New York. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Alpañés, Enrique (2020-06-10). "¿Era Frida Kahlo ante todo “la mujer de Rivera”? Un grupo de editoras busca hacer más justa la Wikipedia". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2020-06-12.
- ↑ "The Wikipedia wars: does it matter if our biggest source of knowledge is written by men?". newstatesman.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "Wikipedia:WikiProject Women in Red" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ "La Biblioteca Municipal acoge la Wikimaratón". La Región (en castelán). 10 de marzo de 2018. Consultado o 2020-03-02.
- ↑ "Veinte mujeres para feminizar la Galipedia". www.farodevigo.es (en castelán). 11 de marzo de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ "Estas 23 científicas xa teñen nova páxina na Galipedia". GCiencia. 21 de febrieo de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ "El segundo Wikimaratón nutrirá la Galipedia con biografías de mujeres gallegas". www.farodevigo.es (en castelán). 7 de marzo de 2019. Consultado o 3 de marzo de 2020.
- ↑ "Un curso enseña a mujeres a editar e incluir contenidos en Wikipedia y Galipedia". Faro de Vigo. 5 de febreiro de 2019. Consultado o 2019.
- ↑ "Obradoiro de edición en Wikipedia". Faro de Vigo. 4 de febreiro de 2019. Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ Diario, Nós. "A Cátedra Feminismos 4.0 DePo-UVigo celebra dous anos de "éxitos" no seu obxectivo de identificar machismos dixitais". Nós Diario. Consultado o 2021-04-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Evolución do nesgo de xénero nas WikipediasArquivado 25 de maio de 2019 en Wayback Machine. a través de Denelezh Arquivado 01 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (DocumentaciónArquivado 25 de maio de 2019 en Wayback Machine.) (en inglés)
- Lista de materiais bibliográficos en relación ao nesgo de xénero na Wikipedia (en inglés)
- A fenda de xénero na Wikipedia. Intervención de Amelia Verdejo Rodríguez na xornada Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado de 2019.
- Ferramenta para medir o nesgo Arquivado 24 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.