Wikipedia:Votacións para borrar/José Gerpe Romero
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Debido a isto, e de acordo con Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria, a votación queda pechada e o artigo será eliminado. AlberteSi, digame? 23:18, 11 decembro 2007 (UTC)
José Gerpe Romero[editar a fonte]
Por que creo que se debe borrar o artigo José Gerpe Romero:
- Por moi de acordo que esteamos con este señor (que non temos por que estalo), se lle quitamos o estilo sobrante, o único dato que temos é o de que era zapateiro e foi asasinado no 36. Creo que iso non o fai merecente de ter artigo de seu na Galipedia. De feito, na wikipedia española tiveron unha discusión semellante sobre alguén que comezou a facer artigos de todas as vítimas de ETA, e decidiron que non era correcto. --Xabier Cid 23:22, 8 decembro 2007 (UTC)
A favor
- Concordo --☣Banjo tell me 00:15, 9 decembro 2007 (UTC)
- Concordo concordo coa proposta ElviraConversa con mi 00:47, 9 decembro 2007 (UTC)
- Concordo A miña opinión é que é posible un artigo coa lista de asasinados en Sada, incluíndo a breve reseña que se dá nos artigos. Mais síntoo, pero non dá para un artigo propio. AlberteSi, digame? 13:27, 9 decembro 2007 (UTC)
- Concordo--Beninho 15:10, 9 decembro 2007 (UTC)
- Concordo Expoño as razóns en Conversa Wikipedia:Votacións para borrar. Pedro --Lameiro (conversa) 16:23, 9 decembro 2007 (UTC)
- Borrar En particular a exposición de Lameiro paréceme impecable. --Prevertgl 17:29, 9 decembro 2007 (UTC)
- Borrar O autor do artigo afirmou hoxe a utilización de investigacións propias polo que non ten cabida na Galipedia. Alma (fálame eiquí) 22:33, 11 decembro 2007 (UTC)
En contra
- Discordo,Creo que xulgar a relevancia dos mortos e unha ciencia ben complexa.Lansbricae (Ti dirás) 00:18, 9 decembro 2007 (UTC)
* Discordo, penso ademais que está nun contexto o ano da Memoria histórica, e ten o seu sentido e o seu lugar. Alma (fálame eiquí) 00:25, 9 decembro 2007 (UTC)
- Discordo--Estevoaeipa o que queiras... 01:11, 9 decembro 2007 (UTC)
- Discordo Primeiramente, o artigo non fai dano. A partir de aí, habendo miles de artigos a revisar, que si fan dano á Galipedia por teren información incorrecta, antiga, etc, pois discutir o borrado deste artigo paréceme unha discusión baldía, que o maior efecto será o de queimar ao editor que o fixo. Con estes borrados pareceme que lle damos aos recén chegados unha imaxe de que estamos máis de censores que de axudadores, pero é a miña opinion persoal.---- Maañón00 (o que ho?) 09:28, 9 decembro 2007 (UTC)
Comentarios