Wikipedia:Votacións para borrar/Grandes áreas metropolitanas do mundo
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Grandes áreas metropolitanas do mundo (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar)[editar a fonte]
Lista feita fai anos por un usuario anónimo con dirección IP variable (non se pode contactar con el) e con marcador de {{Atención}} dende fai anos. Exclusivo da Galipedia (sen ligazóns interlingüísticas), obsoleto (presuntamente os datos son de 2001) e imposible de actualizar. De contido dubidoso, sen referencias que avalen os datos, confuso, sen valor enciclopédico. Entrando a analizar os datos concretos resultan inexplicables (WP:NFP).--. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 20:41 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 20:41 (UTC)[responder]
- Risco o que dixen do ano 2001. Como ben di Estevoae, ten dados de 2010 (tamén). "Fusionáranse" dous artigos similares de diferentes anos. Inda así, non hai quen lle meta man. --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 21:41 (UTC)[responder]
- Borrar; pero os datos están actualizados a 2010. --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de febreiro de 2014 ás 21:19 (UTC)[responder]
- Borrar Existían outros artigos semellantes, agora xa está ligado; pero o problema do artigo é que dá datos que resultan cando menos extraños e sen referencia ningunha, ademais de estar mal estruturado. Tal como está non se pode manter e o mellor é borralo.--Sernostri (conversa) 9 de febreiro de 2014 ás 21:56 (UTC)[responder]
- Borrar É un artigo completamente erróneo. Fala das grandes áreas metropolitanas, pero a continuación fai unha lista de megalópoles, que son cousas distintas, mesturando tamén o concepto de conurbación. Pero é que ademais escolle as devanditas megalópoles sen un criterio coherente, imposible de adiviñar porque carece de referencias. A idea non é mala, pero así estruturado é un artigo pésimo, incoherente, equivocado. --Paradanta (Cóntame) 9 de febreiro de 2014 ás 22:04 (UTC)[responder]
- Borrar Paga a pena borralo e facelo todo de novo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 10:26 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter Estou dacordo co exposto por Piquito, é un artigo interesante, pero que require unha reestruturación bastante grande, para acadar algo parecido ao seu correspondente en castelán ou en inglés. --Pontevedra78|Conversa 13 de febreiro de 2014 ás 21:39 (UTC)[responder]
- Manter. A min paréceme un artigo interesante. --AMPERIO (conversa) 15 de febreiro de 2014 ás 11:45 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Non é exclusivo da Galipedia (ten varias ligazóns interlingüísticas, algunhas con referencias e/ou bibliografía). Para min ten valor enciclopédico, aínda que tal e como está hai que revisar o contido. Pregunta: Vendo que hai artigos que nos poden axudar a melloralo non sería mellor deixalo estar? O borrado me parece unha "solución" moi drástica tendo en conta que hai outros artigos noutras wikis que nos poden axudar a melloralo. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 10:04 (UTC)[responder]