Wikipedia:Votacións para borrar/Geraldo Calábria Lapenda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Geraldo Calábria Lapenda[editar a fonte]
Propoño a páxina para borrar por un caso claro de conflito de intereses, gloria va, investigación propia e crosswiking.
- O usuario creador do texto orixinal é Marcelo Lapenda, e baséase na biografía de Geraldo C. Lapenda publicada por el mesmo, o que contravén a política xeral da wikipedia sobre investigacións propias.
- A coincidencia de apelidos dá a entender que sexan familiares, o que sería un caso claro de conflito de intereses.
- Os artigos publicados nas distintas wikipedias son traducións literais e automáticas do orixinal portugués.
- O artigo portugués ten varias datas de edición, e as últimas, do 16/18 de xuño de 2010. As maiores edicións están feitas polo usuario Marcelo Lapenda e un rango de IPs semellante (200.etc).
- O artigo italiano ten varias datas de edición, e as últimas, do 26/18 de xuño de 2010. As maiores edicións están feitas polo usuario Marcelo Lapenda e as de xuño de 2010 pola IP 200.249.255.130. O usuario Marcelo Lapenda é un usuario monoedición en italiano (practicamente só editou este artigo), ao igual que a IP.
- O artigo en español foi creado pola IP 200.249.255.130 o 16 de xuño, editado case unicamente por ela, que ademais é o único artigo que editou. A IP 187.78.140.164 realizou algunhas edicións o 18 de xuño, e tamén é o único artigo que editou.
- O artigo en catalán foi creado pola IP 200.249.255.130 o 17 de xuño, editado case unicamente por ela, que ademais é o único artigo que editou. A IP 187.78.140.164 realizou algunhas edicións o 18 de xuño, e tamén é o único artigo que editou.
- O artigo en galego foi creado pola IP 200.249.255.130 o 18 de xuño, editado case unicamente por ela, que ademais é o único artigo que editou. A IP 187.78.140.164 realizou algunhas edicións o 18 de xuño, e tamén é o único artigo que editou.
- O artigo contén un número de detalles e unha extensión pouco acordes coa importancia do autor recensionado na wikipedia galega.
Se ben non é posible asegurar que as IPs correspondan ao usuario Marcelo Lapenda, si é claro que no orixinal (e polo tanto na tradución literal que se fai dese artigo) se incorreu en investigación propia, gloria va e conflito de intereses. Ademais, parece tamén claro que a súa existencia dentro da wiipedia galega se corresponde cunha estratexia de gloria va e de crosswiking, editando ao mesmo tempo, os mesmos contidos e só eses, en distintas wikis.--Xabier Cid Conversa 06:38, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- A favor
- Borrar. --Xabier Cid Conversa 06:41, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Borrar --☣Banjo tell me 06:55, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 08:47, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Borrar. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 09:19, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 10:00, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Borrar Quedou moi clara a explicación de Xabier. --Alberte Si, dígame? 14:53, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Borrar concordo coa explicación de Xabier Elvira (conversa comigo) 23:43, 24 de xuño de 2010 (UTC)
- Borrar--Beninho 12:36, 10 de xullo de 2010 (UTC)
- En contra