Wikipedia:Votacións para borrar/Criónica
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Criónica[editar a fonte]
O artigo é incomprensible en boa parte, cunha redacción penosa chea de construcións portuguesas e frases sen sentido. O artigo ten a marca de atención desde o 2011 sen que ninguén o revisara (salvo correccións puntuais). O editor foi un tal Fredirib que editou varios artigos sobre este mesmo tema no verán de 2011, ata que deixou de editar en novembro dese ano. Outros artigos do mesmo, como por exemplo KrioRus (unha empresa rusa dedicada á criopreservación), tamén deberían ser borrados, pero xa haberá tempo de discutilo. Pedro --Lameiro (conversa) 7 de marzo de 2015 ás 23:13 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. Lembro o caso. Penso que foi unha campaña de publicidade crosswiki. Habería que borrar tamén Danila Medvedev e Valerija Pride (marcados con "Atención!!: As condicións de creación deste artigo están baixo sospeita."). --. HombreDHojalata.conversa 8 de marzo de 2015 ás 10:20 (UTC)[responder]
- Borrar. Eu tamén me lembro do caso e concordo con HombreDHojalata en que foi unha campaña de publicidade crosswiki porque tamén tiveron problemas noutras wikis. Tamén concordo con que se borren os artigos asociados por Modelo:GloriaVa.Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2015 ás 09:03 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2015 ás 11:54 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Creo que os motivos que se expoñen non xustifican o borrado do artigo. O tema do artigo, como expresa Banjo, é de interese, que a redacción sexa mala e que teña un marcador dende 2011 non son xustificación (hai marcadores de atención dende antes, e non digo un ano antes, refírome a 2008). Creo que en lugar de propoñer o borrado habería que poñerse a traballar nel. Sobre os outros artigos, xa se verá caso por caso, pero este creo que non hai motivos para borralo, mellor neutralizar o contido e corrixir os erros ortográficos que haxa nel. Piquito (conversa) 9 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Comentario Aínda que concordo en que a creación do artigo é sospeitosa e con máis que posible intención promocional, considero que o artigo en sí ten cabida na wiki, aínda que necesita unha revisión a conciencia, tanto na estrutura e ortografía coma nas referencias que emprega e o incumprimento do punto de vista neutral. Ten unha orixe similar noutras wikis, con contido moi semellante, pero grazas a moitas revisións nesas wikis chegou a un punto aceptable... Posiblemente aquí supoña demasiado traballo e case seña mellor comezalo de cero partindo do contido actual que ten nalgunha destas outras wikis. De ahí o voto neutro, déixoo á opinión da maioría, aínda que reitero que é un artigo interesante para a wiki, se ben non tal e como se atopa actualmente. -☣Banjo tell me 9 de marzo de 2015 ás 09:21 (UTC)[responder]
Comentario En canto aos artigos relacionados que mencionades, concordo en que son máis que dubidosos en canto a súa orixe e intencións, todo indica que deberían ser borrados. -☣Banjo tell me 9 de marzo de 2015 ás 09:21 (UTC)[responder]