KrioRus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KrioRus
Tipo Sociedade Limitada
Fundación 2005
Localización Moscova
Fundador Danila Medvedev
Valerija Pride
Industria Criónica
Investigación e desenvolvemento
Produtos Criopreservación
Páxina web KrioRus.ru

KrioRus é unha empresa rusa que presta servizos na área da Criónica e Criopreservación. Ofrece a posibilidade de criopreservación neuronal ou criopreservación de corpo enteiro e incluso ofrece a posibilidade de criopreservación de ADN. Ata agosto de 2011, a KrioRus xa crioxenizara 17 pacientes humáns[1], 2 gatos[2], 4 cans e 2 paxáros.

Historia[editar | editar a fonte]

A KrioRus foi fundada en 2005 na área de Moscova, por oito crionicistas rusos. A súa primeira paciente foi Lidia Fedorenko Ivanovna, un caso que se fixo famoso en toda Rusia ao ser mantida durante meses en xeo seco (-80 graos), ata a creación de KrioRus.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Actualmente as súas instalacións de almacenaxe a longo prazo están situadas en Alabushevo, nas aforas de Moscova.

Organización[editar | editar a fonte]

Em 2011, KrioRus estaba composta por: [3]:

Director Xeral Valerija Pride
Director Científico Igor Artyukhov
Presidente Danila Medvedev

Servizos[editar | editar a fonte]

KrioRus ofrece a posibilidade de criopreservación de humáns e animais.

Existe a posibilidade de criopreservación neuronal (só a cabeza) cun custo de 10.000 dólares ou criopreservación de corpo enteiro cun custo de 30.000 dólares[4]. A criopreservación de animais, depende do seu tamaño, pero ten un custo medio de 5.000 dólares. Existe tamén a posibilidade de criopreservación de ADN.

A KrioRus presta servizos a persoas de todo o mundo. Xa foron crioxenados varios pacientes ao longo de Europa, desde Portugal a Ucraína entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]