Wikipedia:Votacións para borrar/Cataluña no Festival de Eurovisión
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Cataluña no Festival de Eurovisión[editar a fonte]
Votación PECHADA: Borrar
Período de votación: 4-11-2017 - 21-11-2017
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Borrar |
- Proposto por: 🌍AshSXXI (conversa conmigo) 4 de novembro de 2017 ás 10:33 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Cataluña non é un país independente participante ao cal non lle corresponde ter esta páxina, no caso de corresponderlle, tamén a terían que ter, polo menos Galicia e País Vasco.--🌍AshSXXI (conversa conmigo) 4 de novembro de 2017 ás 10:33 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. Polos motivos expostos anteriormente --🌍AshSXXI (conversa conmigo) 4 de novembro de 2017 ás 10:33 (UTC)[responder]
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2017 ás 13:19 (UTC)[responder]
- Borrar. Non concordo con ningún dos argumentos dados nesta votación ata o momento. Calquera artigo deste tipo sería válido sempre que tivese unha notabilidade real apoiada por fontes fiables suficientes. Non é o caso deste. En situación semellante están a maioría, senón todos, dos que aparecen en "Intentos de participar" no modelo {{Festival de Eurovisión}}. ☣Banjo tell me 8 de novembro de 2017 ás 11:55 (UTC)[responder]
- Borrar. Ver comentario. --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 16:48 (UTC)[responder]
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2017 ás 18:23 (UTC) Fago miña a exposición de motivos de HombreDHojalata. --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2017 ás 18:23 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Penso que o desexo, de alguén en X (sexa a X Cataluña ou sexa México) de participar no festival que sexa, non da para un artigo dunha enciclopedia titulado X no festival de…. Nótese que este "artigo" é exclusivo da Wikipedia en galego. Ningunha das outras linguas lle dedica unha páxina a este tema. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2017 ás 13:19 (UTC)[responder]
- Comentario Por alusións ao modelo que importei aló polo 2014 do homónimo inglés. A lista orixinal que se incluíu nese modelo era máis reducida e incluía intentos reais de participar. Analizando un pouco os datos faría extensible o borrado a todos os mencionados na listaxe salvo Líbano no Festival de Eurovisión e Tunisia no Festival de Eurovisión, xa que foron os dous únicos países que chegaron a confirmar a súa participación a UER e retiráronse máis adiante por mor de discrepancias coa participación de Israel. --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 16:48 (UTC)[responder]
- Por outra banda, e a propósito do que di AshSXXI sobre Galicia, lembro que tamén se creou un artigo chamado Galicia no Festival de Eurovisión no ano 2015, que máis tarde integrei no de España no Festival de Eurovisión, posto que se refería a cantantes galegos que acudiron ao festival en representación de España.--AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 16:56 (UTC)[responder]