Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Xas
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Período de votación: 21.06.2010 - 05.07.2010
SI: 14 — NON: 0 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Propoño a Xas como administrador pois cumpre tódolos requirimentos, é un dos usuarios máis constantes e activos da Galipedia (é por exemplo o terceiro usuario por número de edicións) e os dereitos de administrador só van facer que amplíe un chisco as accións que pode desenvolver no referido ó mantemento (borrar, protexer/desprotexer, bloquear). Coido que neste tempo demostrou que pode facer todas estas tarefas coa nosa absoluta confianza.
- A favor
- Concordo --Alberte Si, dígame? 15:29, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 16:18, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo absolutamente. --Atobar (conversa comigo) 16:25, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo teño toda confianza, por demais das súas competencias de usuario de grande calidade, cousa necesaria sin ser suficiente, ten as aptitudes que fan un bóo administrador : serenidade sin defecto, comprensión das politicas wikimedia e sempre atento a entedelas mellor, compañerismo de empatía, e moitas maís calidades ..... Encantada de concordarElvira (conversa comigo) 16:43, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo Que menos, con todo o que me ten axudado a min e a outros novatos...--Paradanta 17:31, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo, animo e apoio. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:36, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 18:32, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo Ofréceme toda a confianza e vai representar un paso máis na mellora da Galipedia. Pedro --Lameiro (conversa) 21:38, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo -- Coido que é un pilar na actualidade e que o seguirá a ser.--Agremon(contacto) 05:54, 22 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo. Ter dereitos de administrador será unha moi boa axuda, para el e para a Galipedia. --Toliño Fala aquí comigo 09:37, 22 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo. Semella unha proposta moi acertada, leva feito un traballo moi valioso a prol da Galipedia. Os meus parabéns para o candidato e a tamén para Albert galiza por propoñelo. Un cordial saúdo. --Prevert 12:34, 24 de xuño de 2010 (UTC)
- Concordo. Creo que a axuda que pode aportar Xas na Galipedia é da suficiente relevancia como para aceptalo no ingrato papel de administrador, pois coido que é unha persoa nada dada a enfrontamentos: non creo que ensarille os conflitos que vaian xurdindo, creo ver nel un ánimo construtivo. --Servando2 (Dime) 15:52, 2 de xullo de 2010 (UTC)
- Concordo. Adiante. --Beninho 17:58, 2 de xullo de 2010 (UTC)
- Concordo.--Hugo22 19:00, 2 de xullo de 2010 (UTC)
- En contra
- Neutro
Neutro Estou agardando a que Xas me responda as preguntas. :) --Xabier Cid Conversa 09:58, 1 de xullo de 2010 (UTC)
- Comentarios
Antes de votar gustaríame saber se o interesado mostrou a súa conformidade. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 16:14, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Si, soliciteillo por correo electrónico e aceptou. --Alberte Si, dígame? 16:15, 21 de xuño de 2010 (UTC)
Eu levo moitos meses fóra, e perdín un pouco a memoria e a ordenación das cousas. Estou seguro de que o meu voto vai coincidir coa proposta de Alberte, e ademais as circunstancias son apremantes, pero gustaríame que me indicásedes, se tedes a man, algún exemplo de Xas na mediación de conflitos ou na interpretación dos valores da Wikipedia. Se non os tedes a man, fareille un par de preguntas, ou así. --Xabier Cid Conversa 16:32, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Eu votei xa porque fai tempo que estou convencida e que non temos a tradición de valorar elementos das calidades necesarias para administrador e de discutilas. A pedida de XabierCid e lexitima e consideroa como un progreso no funcionamento da Galipedia.
- Aproveito para decir que me gustaría que alguén propoña como administrador HombredHojalata. Tamén me parecian mui boós candidatos Arco de Rayne e RNC, pero semella que nos abandonaron. A ver si un día volven !!!!Elvira (conversa comigo) 16:51, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Xabier: Xas ten avisado de vandalismos, axudado a novos usuarios con artigos sobre todo de xeografía e wikificado moita cousa ensarillada. Pódelo comprobar nas contribucións de usuario, sen ir máis lonxe abonda coas de conversa, porque sempre indica o que fai no cadro resumo [1]. Tamén se molla nas votacións de fotos, artigos de calidade etc. E non soamente votando, tamén propoñendo. Xa se entramos no número de edicións, estes, os números, cantan. Aínda non hai moito que chimpou por riba de ti, que sabes verbo do que vai este proxecto. [2]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:54, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Atobar: O bo labor de Xas ben o coñezo neses aspectos que mencionas. Non doutra maneira o proporía Alberte. Eu polo que preguntaba era pola "a mediación de conflitos ou a interpretación dos valores da Wikipedia" --Xabier Cid Conversa 17:56, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Non lembro situacións nas que Xas mediase nalgún conflito. Máis ben dáme a impresión de que se dedica ó tedioso traballo de puli-los erros e carencias da Galipedia, sen entrar en debates con ninguén, traballo que fai cunha minuciosidade suíza. Estou seguro de que, chegada a ocasión, saberá aplica lo seu bo facer do mesmo modo nos momentos de conflito cos que se terá que atopar. Pedro --Lameiro (conversa) 21:38, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Xabier: Xas ten avisado de vandalismos, axudado a novos usuarios con artigos sobre todo de xeografía e wikificado moita cousa ensarillada. Pódelo comprobar nas contribucións de usuario, sen ir máis lonxe abonda coas de conversa, porque sempre indica o que fai no cadro resumo [1]. Tamén se molla nas votacións de fotos, artigos de calidade etc. E non soamente votando, tamén propoñendo. Xa se entramos no número de edicións, estes, os números, cantan. Aínda non hai moito que chimpou por riba de ti, que sabes verbo do que vai este proxecto. [2]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:54, 21 de xuño de 2010 (UTC)
Moi ben, pois daquela, Xas, vouche facer só un par de preguntiñas de como actuarías en determinadas circunstancias. Fago isto con ánimo construtivo, no espírito do que comentou antes Elvire. Creo que a función de "limpar e dar esplendor" é quizais a máis relevante, pero a que che vai acabar coa pacencia é a de resolución de conflitos, e por iso me gustaría saber algo máis deste aspecto.
- Cal cres que debería ser o tempo máximo de bloqueo, e en que circunstancias se produciría?
- Se un usuario anónimo crea unha serie de dez artigos sobre distintos personaxes da serie da boneca Barbie, que farías?
Moitas grazas! --Xabier Cid Conversa 06:52, 22 de xuño de 2010 (UTC)
Comentario: Animo á comunidade a pronunciarse entre hoxe e pasado mañá. En teoría o prazo de votación remata o día 5, pero como se expresa na política de elección, os días dos meses de xullo, agosto, vacacións de Nadal e Semana Santa non serán computados. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Estevoaei (conversa • contribucións) o 28 de xuño de 2010 ás 10:37
- Xas non edita dende hai semana e pico, concretamente dende o 21 de xuño, é dicir, non é que as preguntas de Xabier estean sen responder por desleixo, parece que marchou de viaxe (posto que é dos que edita a diario). Simplemente quería deixar constancia dese feito. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:08, 2 de xullo de 2010 (UTC)
Comentario: Levo varios días sen editar pois acabo de regresar dunha viaxe. Antes de responder ás preguntas de Xabier Cid, quero comentar que me parece un feito estraño (e polo que vexo, é a primeira vez que ocorre na Galipedia) que se faga un exame ao candidato a administrador. Por iso o meu primeiro impulso foi negarme a responder e pedir a retirada da miña candidatura a Administrador. Eu nunca quixen ser proposto para administrador (e xa se me fixeron varias propostas) e se aceptei a de Albert galiza foi porque insistiu en que dado que hai poucos na actualidade, podía haber problemas de mantemento de cara ao verán. E tamén coa condición de que para cumprir as funcións de administrador contaría coa axuda e o asesoramento dos actuais administradores...
Se agora me decido a responder é por respecto á comunidade. Non teño ningunha experiencia na moderación e resolución de conflitos da Galipedia porque ata o de agora dediqueime a outras tarefas, pero supoño que poderei aprender como o fun facendo no resto das edicións do wiki.
- Bloqueos: creo que o bloqueo debería ser indefinido cando se usurpe a identidade dunha persoa ou se cree unha conta so para vandalizar.
- boneca Barbie: se se trata de propaganda, eliminar directamente. Se son bos (e non hai crosswiki), con referencias e interwikis, deixalos, e avisar á IP para que se rexistre e diversifique as súas edicións. En todo caso aplicar as políticas de Wikipedia:Borrar
Un saúdo e moitas grazas polo voso apoio. --Xas (conversa) 18:46, 2 de xullo de 2010 (UTC)