Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Arquivo/Vellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Vandalismo[editar a fonte]

Enderezos que comezan por 200 e 201[editar a fonte]

Na actualidade (setembro de 2006), practicamente a totalidade das contribucións dos enderezos IP que comezan por 200 e 201 fan contribucións vandálicas. --Moderador 09:43, 24 setembro 2006 (UTC)

W/index.php e Talk:W/index.php[editar a fonte]

Existe un vándalo que ataca W/index.php e Conversa:W/index.php. Estas dúas páxinas débense crear e protexer permanentemente. --Xosé (✉) 23:20, 18 xaneiro 2007 (UTC)

Neste caso penso que é preferible deixalos abertos e así ter o vandalismo controlado, se no canto de crear eses artigos pasa a facer o mesmo noutros pode crear novos problemas e complicar o seguimento. Con eses títulos de artigo non hai posibilidade de que un usuario chegue ata eles buscando información. Aínda que sexa unha molestia que se creen unha e outra vez, só hai que borralos cando aparecen e non afecta aos lectores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:17, 19 xaneiro 2007 (UTC)
Debido a que houbo outra petición de bloqueo da páxina cheguei á conclusión de que quizais conveña probar se a persoa que crea reiteradamente a páxina muda de proceder. Se é preciso sempre queda a posibilidade de desbloqueala novamente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:44, 21 xaneiro 2007 (UTC) Precisión: Vou facelo coa páxina de discusión. --Prevert(talk) 12:51, 21 xaneiro 2007 (UTC)
En Galicitas non volveu a aparecer en máis artigos desde que o bloqueei. Pode-se tratar dun bot. Téño-o visto nos outros proxectos galegos; talvez conveña protexer esas páxinas neles tamén. --Xosé (✉) 13:54, 21 xaneiro 2007 (UTC)
Concordo con que se bloqueen ambas páxinas nos resto dos proxectos galegos onde a vixilancia e menor que aquí. En canto ao creador, segundo a Wikipedia en inglés é un bot, neste momento a páxina non existe porque a borraron pero durante un tempo estivo bloqueada. En función do que pase nos próximos días deixareina como está ou procederei a bloqueala. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:40, 21 xaneiro 2007 (UTC)
Protexida W/w/index.php, agora engadíronlle un w ao enderezo. --Prevert(talk) 12:55, 3 febreiro 2007 (UTC)
O mesmo con W/index.php. --Prevert(talk) 10:30, 5 febreiro 2007 (UTC)

Ferrol en Commons[editar a fonte]

Aínda que viña de vello, nas últimas dúas semanas produciuse o chamado caso Ferrol en Commons. Usuarios monicreque, licenzas falsas, suplantacións de identidade, imaxes que non corresponden a Ferrol, vandalismos nas páxinas de usuario, acoso e insultos... todo un extenso repertorio de comportamentos fraudulentos. Como resultado do sucedido arredor de 3 ducias de usuarios foron bloqueados ademais duns 20 IP. Case todos pertencentes a unha única persoa, que tamén ten usuarios monicreque na Wikipedia en inglés e posiblemente nalgunha ocasión tamén teña pasado por aquí. Ao mesmo tempo os administradores de Commons borraron todas as imaxes coas licenzas falsas cargadas por estes usuarios. Á parte do problema en si mesmo o caso é interesante para comprobar que tipo de enganos utilizan algúns usuarios para agochar as súas edicións fraudulentas. Por outras banda, se algún de vos dispón de imaxes da cidade de Ferrol neste momento son precisas para reconstruír a galería de imaxes en Commons. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:46, 10 xullo 2007 (UTC)


Spam[editar a fonte]

Spam, listaxe de webs[editar a fonte]

Un sitio web que se repite desde hai meses é http://nachom-galiza.blogspot.com. --Prevert(talk) 09:21, 27 outubro 2006 (UTC)

http://www.mindoniense.com . --Moderador 15:20, 30 outubro 2006 (UTC)
http://touroweb.iespana.es/ e http://fao.iespana.es/. --Moderador 10:17, 2 novembro 2006 (UTC)
http://www.gozo.us/ . --Prevert(talk) 11:52, 25 novembro 2006 (UTC)
http://theindb.com. --Prevert(talk) 18:28, 28 marzo 2007 (UTC)
http://riotortoweb.iespana.es/. --Prevert(talk) 13:44, 24 abril 2007 (UTC)

Problemas[editar a fonte]

Calendario[editar a fonte]

Acabo de fixarme en que o calendario que aparece nos artigos das datas e meses está un día adiantado. Hoxe, 24 de maio, é xoves, pero aparece como mércores. Non é problema só de maio, senón de tódolos meses. --Lameiro 18:36, 24 maio 2007 (UTC)

Grazas polo aviso. Xa corrixín o de maio, polo de agora falta o resto. O que pasaba é que o que se via era o calendario do 2006. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:39, 24 maio 2007 (UTC)

Imaxe da semana 28052007[editar a fonte]

¡Moi boa a imaxe da semana! --Lameiro 18:37, 28 maio 2007 (UTC)

3 Imaxes iguais[editar a fonte]

Un usuario (Usuario:Katvedra) subíu 3 imaxes iguais: Image:Val-do-Ulla.jpg, Image:E.D. Val do Ulla.jpg e Image:E.D. Val do Ulla6b.jpg, habería que borrar dúas delas e deixar só unha. --Banjo tell me 18:37, 10 xullo 2007 (UTC)

Feito. Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:30, 10 xullo 2007 (UTC)

Bloqueos e proteccións[editar a fonte]

Debido aos vandalismos nos artigos e imaxes de Portada a partir de agora teremos que protexer o Artigo Destacado, o Artigo destacado Sobre Galicia e Imaxe da Semana como mínimo durante o mes que permanezan en portada. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:48, 28 maio 2007 (UTC)

Proteción en serie fronte a recreación de páxinas[editar a fonte]

Un mecanismo eficaz contra a recreación continua de páxinas sen sentido, spam mediante bots e outros casos semellantes é incluír o título da páxina en Wikipedia:Títulos protexidos/Lista. Dese xeito impídese que podan volver a crearse. Se algún de vos pode botar unha man reproducindo o sistema no resto dos wikis galegos (Galicitas, Galizionario, Wikisource, Galilibros) sería de grande axuda. Grazas. --Prevertgl 11:56, 10 xullo 2007 (UTC)

Técnica[editar a fonte]

Novo sistema de propostas[editar a fonte]

En Conversa Wikipedia:Imaxe da Semana hai un exemplo do novo sistema de propostas. Un sistema que automatiza en parte o procedemento. É semellante ao que se está utilizando en Commons ou na Wikipedia en inglés. Nas vindeiras semanas teremos que aplicalo noutra serie de páxinas do mesmo tipo: propostas de bots, de borrado de páxinas, de artigos destacados, etc. Un aspecto moi importante é que o sistema sexa sempre o mesmo porque facilita a interacción dos usuarios e require menos tempo de aprendizaxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:17, 10 xullo 2007 (UTC)

O novo sistema foi adoptado para Wikipedia:Artigo Destacado e Wikipedia:Sobre Galicia. --Xosé (✉) 21:46, 12 setembro 2007 (UTC)

Contribucións borradas[editar a fonte]

Unha nova páxina especial está dispoñible desde hoxe mesmo para facilitar o mantemento e a comprobación de edicións. Chámase Contribucións borradas dun usuario. Está a disposición dos admnistradores, serve, por exemplo, para revisar as imaxes eliminadas de certo usuario por copyvios e semellantes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:38, 11 xullo 2007 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Desde hai tempo mudaron certas políticas sobre as imaxes nos wikis de Wikimedia. O sistema antigo era que na Política de imaxes tiña que estar incluído expresamente que imaxes non se permitían, agora é ao revés. Segundo unha resolución do Consello de Administración da Fundación Wikimedia para aceptar certos tipos de imaxes debe formularse unha excepción na Política de imaxes do wiki, sempre de acordo coa lexislación vixente. Documento: Foundation:Resolution:Licensing policy (en inglés, hai versións en castelán e portugués). Polo tanto, a política vixente en canto a licenzas e practicamente a mesma que a de Commons. No que pode haber matices é no procedemento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:31, 10 xullo 2007 (UTC)


Atribución de autoría nas traducións doutras Wikipedias[editar a fonte]

A miúdo, e sobre todo os usuarios novos, non se indica a procedencia dun artigo cando se trata dunha tradución doutra Wikipedia. A licenza GFDL require atribución, o procedemento máis común para recoñecer a autoría entre Wikipedias é incluír un texto semellante a este no resumo de edición: "tradución do artigo Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua..." (preferiblemente cun enlace ao artigo orixinal). Iso cumpre os requisitos da licenza, permite verificar a fiabilidade do artigo e revisar o historial de edicións na entrada orixinal. En ocasións nas traducións re-publícanse artigos con edicións vandálicas ou que teñen problemas na Wikipedia de orixe. A falta de atribución complica a revisión. Se algún colaborador detecta un artigo que é unha tradución sen atribución pode facer unha pequena edición ou poñer un espazo en branco nalgún sitio do artigo para logo incluír no resumo a información de orixe. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:33, 11 xullo 2007 (UTC)


Calendario[editar a fonte]

A ver esos administradores... O calendario que aparece nas páxinas dos días e dos meses está mal, excepto maio. Hoxe, martes 21 de agosto, aparece como luns. Cando llo dixen a Prevert, alá por maio, dixo que se visualizaba o calendario de 2006. Saúdos, Pedro --Lameiro 19:17, 21 agosto 2007 (UTC)

  • Pareceme que é mellor deixar o de ilustración de eliminar os de 2005 e 2006, para saber en que épocas andamos temos varias referencias no proxecto, entre elas a Tp {{datahora}} de da moi bo contexto a respostas da xente. Só queda ver se recoñece o 29 de febreiro do 2008 ¿?, pero polo demáis esta moi ben. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 19:23, 21 agosto 2007 (UTC)
  • Coido que nesta semana deixarei eu feito dende o 2007 ate 2009; se alguén ve algún erro, por favor, comunicademo. Saúdos --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:48, 21 agosto 2007 (UTC)

Ovo (homónimos)[editar a fonte]

Intentei move-lo artigo "Ovo" a "Ovo (alimento)" para así deixar espacio para unha páxina de homónimos: ovo (=cigoto); ovo (bioloxía): como ovo de ave, peixes, réptiles, insectos, etc.; ovo (alimento): ovo de galiña, fundamentalmente; e ovo=testículo. Pero o que fixen parece ser unha redirección. Agora necesito que borredes "ovo" (a secas) para poder facelo. Pedro --Lameiro 23:08, 25 agosto 2007 (UTC)

¡¡Texto desaparecido!![editar a fonte]

Fixen uns cambios no artigo Quebraosos, entre outro introducir unha "referencia". O caso é que algo tiven que facer mal porque desapareceu todo o texto posterior a esta nota, aínda que se se edita, este texto desaparecido está aí. A ver se alguén fai por recuperalo. Pedro --Lameiro 22:00, 27 agosto 2007 (UTC)

  • Xa está. Hai que pór </ref> e non <ref/>. Saúdos. AlberteSi, digame? 22:03, 27 agosto 2007 (UTC)


Durruti e Buenaventura Durruti[editar a fonte]

Feita a fusión de contidos por parte de Usuario:Estevoaei só quedaría a fusión de historiais. Non sería útil facer un marcador de "falta fusión de historiais" para que os administradores saiban cando dous artigos duplicados xa teñen o contido fusionado e só falta fusionar o historial? Lansbricae (Ti dirás) 13:46, 10 setembro 2007 (UTC)

  • Feito. Sobre o marcador, e el non será máis rápido anunciá-lo aqui simplemente? --Xosé (✉) 14:12, 10 setembro 2007 (UTC)
  • Para min si que é máis rápido pero para quen non sepa que hai que facer este último paso por parte dun administrador quizais axude o marcador, ou se cadra no marcador de artigos duplicados poñer un aviso de que cando se faga a fusión débese avisar a un administrador para que complete o choio. Non sei digoo porque recordo que unha fusión na que faltou a fusión de historiais provocou que un usuario se queixase de que non constaban as súas aportacións e lle cambiaran todo o artigo, e no aso de Durruti senón se avisa tedes vos que localizalo polo que vos daría máis traballo. Claro que se se faia fusión e non se pon ese posible marcador sería o mesmo. Era só unha suxerencia para facer que ese paso fose máis controlado e doado, pero tampouco as teño todas conmigo de que sexa mellor ou peor. Saúdos e grazas. Lansbricae (Ti dirás) 14:21, 10 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo con User talk:Lansbricae; ós novatos seríanos máis cómodo se nos ven todo xa máis masticadiño...

Gracias a Lambriscae por estar atento, e perdón. Pa outra xa avisarei.--Estevoaei 14:26, 10 setembro 2007 (UTC)

Fusión historiais Pedro Monteagudo e Pedro de Monteagudo[editar a fonte]

Outra fusión de historiais pendente. Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 14:43, 10 setembro 2007 (UTC)

  • Feito. Agora estou reconsiderando o do marcador. Talvez si resulte útil. --Xosé (✉) 14:59, 10 setembro 2007 (UTC)
    • Si, vou-no crear, asi como unha páxina na que se explique como fusionar artigos. --Xosé (✉) 15:01, 10 setembro 2007 (UTC)
  • A wiki en castelán non ten ningún marcador deste tipo, pero si ten páxina explicativa de como fusionar wikipedia:Páginas para fusionar. Lansbricae (Ti dirás) 15:49, 10 setembro 2007 (UTC)

Mantemento de Imaxes[editar a fonte]

Cando poidades votádelle un ollo as imaxes propostas para borrar, e outra cousa que ocorre coas imaxes sen orixe? Despois de notificado ao autor canto tempo se debe esperar para o seu borrado? Digoo porque tentaría axudar un pouco no control das imaxes que desde que Lmbuga estivo ausente Prevert falaba de que facía falta controlalas e se limpamos un pouco o que xa hai marcado miraría de seguir tentando ver como están e marcar as que lle falten datos. Grazas. P.D. A última cando hai imaxes duplicadas como se poden marcar ou avísase directamente aquí? (digoo polas imaxes subidas por Usuario:Ignatiusrei e por saber). Lansbricae (Ti dirás) 16:04, 10 setembro 2007 (UTC)

  • Non atopo unha páxina con intrucións sobre o que hai que facer. O mellor seria pedir-lle a Usuario:Lmbuga que a crease. A verdade é que cómpre facer unha limpeza e i-las marcando. Sobre as duplicadas, eu poria {{lixo|porque}} e avisaria ao autor (pode que sexan versións lixeiramente diferentes por algunha razón, de distinto tamaño,...). Sobre cando esperar, pois un tempo prudencial... xa sei que non é moi claro pero se o autor foi notificado e continua coas súas edicións un par de dias, evidentemente está facendo caso omiso da advertencia, polo que eu procederia a marcá-las para borrar. --Xosé (✉) 22:23, 12 setembro 2007 (UTC)

relación con outras wikis[editar a fonte]

boas!

creei o artigo "masturbación", e no paseo polas outras wikis para colocar robots, atopeime con algúns artigos pechados, mesmo para usuarios rexistrados.

o caso é que non entendo alemán, holandés, e moito menos un idioma que nin sequera sei cal é, e non sei que facer para colocar robots.

na alemana deixei na páxina de discusión un robot Masturbación, a ver se a alguén se lle ocorre colocalo; nas outras, xa por pereza, desidia, ou cansanzo, pasei.

se vos fose posible contactar con alguén para solucionale, estaba ben. Senón... pois nada.

graciñas! saúde, e pola sombra!--Estevoaei 07:16, 11 setembro 2007 (UTC)

  • Cando falas de "robots" non te estarás referindo a "ligazóns interwiki", como [[Masturbación]]? Non é necesario pasar ese traballo. Con tal de colocar na nosa páxina as ligazóns que haxa noutras (normalmente chega coa inglesa), xa haberá "bots", que son programas manexados por un usuario, que as irán actualizadno. Se miras no historial dunha páxina verás moitos robots que o que fan é, precisamente, ir colocando esas ligazóns interwiki. Se colocas un [[Masturbación]] na páxina de discusión o que estás a facer é ligar esa páxina de discusión, non o artigo, coa nosa páxina. --Xosé (✉) 22:17, 12 setembro 2007 (UTC)


Jose Maria Alonso y Trelles[editar a fonte]

Ola, o artigo José María Alonso y Trelles marqueino seguindo o dito no talk da mesma páxina como para o seu borrado inmediato. Poderían eliminalo, por favor, poque temo que quede esquecido e xa leva moito tempo na wiki, Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 14:29, 16 setembro 2007 (UTC)

IRC e IRC(Internet Relay Chat)[editar a fonte]

Fusionei o contido dos artigos, só falta borrar o segundo e fusionar os historiais. --BaNjO (tell me) 15:58, 16 setembro 2007 (UTC)