Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Satoru Iwata
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Satoru Iwata[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 14/2/2016 - 15/3/2016
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 14 de febreiro de 2016 ás 13:27 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 14-02-2016 ata o 15-03-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Traducido e adaptado do homónimo na wiki inglesa. Completo e ben referenciado, entendo que cumpre tódolos criterios de calidade. --☣Banjo tell me 14 de febreiro de 2016 ás 13:27 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 14 de febreiro de 2016 ás 13:27 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 15 de febreiro de 2016 ás 16:28 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de febreiro de 2016 ás 09:39 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 17:53 (UTC)[responder]
- Concordo--Miguelferig (conversa) 18 de febreiro de 2016 ás 18:52 (UTC)[responder]
- Concordo --Chairego apc (conversa) 18 de febreiro de 2016 ás 19:02 (UTC)[responder]
- Concordo. --Gobraves (conversa) 20 de febreiro de 2016 ás 17:54 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Información: Escollido como destacado en portada aquí. ☣Banjo tell me 14 de febreiro de 2016 ás 13:27 (UTC)[responder]
- Comentario. Creo que hai que mudar o título da sección "Produtos para unha mellor calidade de vida", o que di nesa sección non ten nada que ver coa calidade de vida. --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 14:50 (UTC)[responder]
- As referencias desa sección mencionan a iniciativa de Nintendo e produtos "Quality of life" (QOL). Segundo wordreference "Calidad de vida" en español. ☣Banjo tell me 14 de febreiro de 2016 ás 15:01 (UTC)[responder]
- O título dálle ao artigo carácter promocional, para Nintendo poñer que un produto é para unha mellor "calidade de vida" supón que vai xerar máis ingresos, ten un valor promocional. Eu non creo que alguén por comprar un deses produtos vaia ser máis feliz (que ao cabo a felicidade é o que nos fai ter unha vida mellor), adoptar un can si que dá unha maior calidade de vida, unha persoa sen pernas terá unha mellor calidade de vida cunha cadeira de rodas... pero a calidade de vida da que falan é un termo empregado para obter un beneficio comercial, e iso para min supón promocionar unha firma comercial no artigo, neste caso Nintendo. --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 15:28 (UTC)[responder]
- As referencias desa sección mencionan a iniciativa de Nintendo e produtos "Quality of life" (QOL). Segundo wordreference "Calidad de vida" en español. ☣Banjo tell me 14 de febreiro de 2016 ás 15:01 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ As fontes usadas nesa sección falan de "Quality of life products". As fontes desa sección non son Nintendo. Así é como Nindento chamou a esa iniciativa. Así é como as fontes externas se refiren a esa iniciativa e produtos de Nintendo. Se consideras algunha das fontes non neutrais adiante, revisámola. Se consideras que falte algún punto de vista crítico con eses produtos adiante, revisámolo. O que non podo facer é ignorar o que dín as fontes consultadas e inventar termos que non aparecen ahí. ☣Banjo tell me 14 de febreiro de 2016 ás 15:36 (UTC)[responder]
- Vamos ver, Banjo, eu non estou a falar das fontes, non poño en duda que as fontes sexan fiables, confío en que o editor tomou fontes fiables. Ao que me refiro é a que non me parece correcto que nós, como enciclopedia, poñamos que son "produtos para unha mellor calidade de vida", porque pode dar unha imaxe de promoción comercial. Non lin as fontes, pero se anuncian un produto que Nintendo vende como algo para "mellorar a calidade de vida", eles o anunciarán así se son prensa especializada por exemplo (que tampouco entra nas súas funcións valoralo). Creo que debemos evitar ese título porque é un tema delicado, á xente preocúpalle a "calidade de vida" e por iso hai que andar con especial coidado. Mudei a primeira frase: "Coa introdución da Wii no 2006 Iwata deu prioridade ao desenvolvemento de produtos que Nintendo considerou para unha mellor calidade de vida", creo que deste xeito queda claro que é unha consideración de Nintendo. Co título da sección creo que habería que poñer unhas comas ou mellor mesmo cambiar o título por algo así como "Produtos para unha mellor calidade de vida segundo Nintendo", ou algo máis curto e que elimine a referencia á "calidade de vida". --Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 18:30 (UTC)[responder]
- Comentario A introdución do artigo só ten unha referencia... --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 17:26 (UTC)[responder]
- Wikipedia:Citar as fontes: "Tamén é recomendable deixar a introdución dos artigos sen referencias, dado que o único que fai é resumir a información que despois se tratará no desenvolvemento do artigo, no que si cómpren as referencias." Toda a información incluída na introdución está indicada no corpo do artigo e referenciada nos lugares correspondentes por medio de notas o pé. ☣Banjo tell me 17 de febreiro de 2016 ás 17:33 (UTC)[responder]
- Despois de ler o artigo por completo, penso que si merece ser de calidade.--AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 17:53 (UTC)[responder]