Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Rebecca Clarke
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Rebecca Clarke[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 13 de xullo de 2016 - 12 de agosto de 2016
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 13 de xullo de 2016 ás 23:08 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 13-07-2016 ata o 12-08-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo traducido e adaptado do homónimo da Wikipedia en lingua inglesa, onde é artigo de calidade. Trata en detalle a vida e a obra dunha compositora e violista pouco coñecida pero de gran talento. O artigo non é especialmente extenso, xa que lamentablemente Clarke cesou a súa produción e actividade interpretativa logo de casar (como tantas mulleres de principios do século XX), o que supón que case a segunda metade da súa vida non tivo actividade musical (a excepción de algúns arranxos) e polo tanto non haxa moito ou nada que contar desa etapa (por desgraza). Non abundan as fontes, polo que o artigo está cumpridamente referenciado (non hai ningún parágrafo que careza de referencias). Inclúe unha listaxe de obras destacadas (pouco usual nestes artigos), xa que é unha compositora pouco coñecida, cunha obra pouco extensa, e que ten moitas obras sen editar aínda, polo que a lista na páxina pode axudar a coñecer a súa música. Novo artigo sobre unha muller, desta vez principalmente compositora, para darlle maior visibilidade na Galipedia. Como adoita ser habitual en todas as propostas (canto menos as miñas), non lle viría mal un repaso ortográfico (eu chego a onde chego). --Piquito (conversa) 13 de xullo de 2016 ás 23:08 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 13 de xullo de 2016 ás 23:08 (UTC)[responder]
- Concordo. --Regato das Tres Regueiras (conversa) 16 de xullo de 2016 ás 15:15 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 10 de agosto de 2016 ás 22:15 (UTC)[responder]
- Concordo.--Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2016 ás 23:39 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 11 de agosto de 2016 ás 13:46 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Pásalle o corrector da UVigo, é moi útil para a cuestión ortográfica.
A data da súa morte está incorrecta na introdución.☣Banjo tell me 14 de xullo de 2016 ás 08:03 (UTC)[responder] - Comentario O artigo inclúe algún termo dubidoso. Ademais do concertístico xa mencionado noutro proceso de escolla de artigo de calidade e que xa quedou máis ou menos aclarado, hai outros como motívicos (que botándolle imaxinación supoño que verá de motivo) ou borough, que sendo exactos un en galego sería un burgo. Fixen ademais algunha corrección ortográfica. Salvando eses detalles resulta un bo artigo.--AMPERIO (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 10:24 (UTC)[responder]
- Comentario. Non exactamente o de burgo. Etimoloxicamente equivale a burgo, pero na tradución non, porque os borough son algo así como distritos autónomos ou minicipalidades. Cando se creou por lei o Gran Londres, déuselle máis autonomía aos boroughs londinenses e creo que funcionan case como municipios pero non sei con que competencias exactamente. Non hai un equivalente claro en España, pero eu traduciríao por municipalidade ou concello. Ademais creo que desde 1965 ten a denominación dee Council. Pero outro problema é que na época en que naceu Rebecca Clark o borough tería outras características legais con menos autonomía. Non sei se na páxina se fai referencia ao borough daquela ou ao de hoxe.--Miguelferig (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 22:57 (UTC)[responder]
- AMPERIO, o caso de motívico é exactamente igual que o de concertístico, se miras o tradutor da Universidade de Vigo verás que traduce motívico en castelán a motívico en galego, desgraciadamente a RAG non está moi ao día en terminoloxía musical nin coñece o tema, que se lle vai facer... e temos que recorrir á Universidade de Vigo, que parece que se preocupan un pouco máis. Eu borough non o traduciría porque é unha división administrativa británica que non existe aquí (si en Canadá e creo que outros países anglosaxóns), se miras no dicionario da RAG tampouco veñen moitas subdivisións rusas e non por iso buscamos unha tradución forzada, así que eu opto pola non tradución do termo, xa que como ben di Miguelferig non hai un equivalente claro en España. Un saúdo! Piquito (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 23:13 (UTC)[responder]
- Comentario Miguelferig e Piquito, eu penso que si son traducibles por "burgo", xa que a definición da RAG non fala de maior o menor autonomía, senón de dependencia respecto da metrópole, o que si se cumple neste caso. Para min é o mesmo que, qué sei eu, os "concellos de Francia" que non terán exactamente as mesmas competencias que os de aquí, mais é un termo válido e equivalente. Se xa a orixe etimolóxica é a mesma, eu penso que se debería traducir. --Norrin (Fálame) 20 de xullo de 2016 ás 07:07 (UTC)[responder]
- Como vexades, pero postos a traducilo, eu sigo dicindo que ao Harow London Borough lle cadra mellor concello que burgo. Actualmente ten competencias smilares a un concello, as súas propias eleccións municipais (vitoria laborista en 2014) e xestiona todos os servizos locais. O Gran Londres xestiona só servizos de amplo rango (digamos mancomunados), como bombeiros, autoestradas, prevencións de protección civil etc.--Miguelferig (conversa) 20 de xullo de 2016 ás 11:22 (UTC)[responder]
- Comentario. AMPERIO, Miguelferig e Norrin, creo que este non é o lugar para discutir se debe traducirse ou non un termo en concreto, polo que pediríavos que debatades ese asunto na páxina de conversa do artigo, que considero que é o lugar no que procede facer este tipo de debates. De todos xeitos non creo que sexa un tema tan relevante como para restarlle calidade a un artigo, isto é, o artigo non vai ter unha maior calidade porque poña borough, concello ou burgo, é un detalle moi menor, e dende logo irrelevante para a temática do artigo (que é a vida de R. Clarke). Un saúdo, Piquito (conversa) 24 de xullo de 2016 ás 23:32 (UTC)[responder]
- Comentario. Banjo, revisei a ortografía, amañei algunhas cousas e penso que agora xa está todo bastante correcto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2016 ás 23:42 (UTC)[responder]