Wikipedia:Artigos bos/Propostas/QDOS
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
QDOS[editar a fonte]
Votación PECHADA: Rexeitado
Período de votación: 12/8/2016 - 11/9/2016
SI: 2 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2016 ás 23:10 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 12-08-2016 ata o 11-09-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo con bastante información sobre un tema da historia da informática, ten poucas imaxes porque sobre este tema é complicado conseguir algunha libre, e foi recentemente escollido para a portada. --Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2016 ás 23:10 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2016 ás 23:10 (UTC)[responder]
- Concordo, e penso que o título está ben, xa que polo visto trata da matriz de varios sistemas posteriores. Piquito (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 23:33 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo Cito o que comentei na súa votación para destacado:
- Coido que o título do artigo debería ser 86-DOS, que é o nome comercial licenzado que se lle deu o sistema.
- O artigo correspondente en inglés ten máis información que se podería engadir. A táboa de versións en concreto é uha mellora interesante.
- Necesita algunha referencia a maiores en lugares puntuais.
- A maiores, en xullo abrín unha petición de resolución de conflito de interwikis no wikidata para ámbolos dous títulos, que aínda non se resolveu nun sentido ou outro. ☣Banjo tell me 14 de agosto de 2016 ás 17:46 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario QDOS foi desenvolvido por SCP, renomeado a 86-DOS para a súa comercialización, adquirido e adaptado por Microsoft para o que sería o MS-DOS e por IBM para a súa propia versión en IBM PC DOS. Non hai diferenza de software entre QDOS e 86-DOS, son iteracións do mesmo sistema operativo, desenvolvido pola mesma empresa. O cambio de nome deuse só por motivos comerciais. O cambio significativo no software en si produciuse a partir da adquisición de Microsoft para adaptalo a outras plataformas e comercializalo baixo o nome de MS-DOS, e pola adaptación propia que fixo IBM no PC-DOS. Ata ese momento considérase o mesmo sistema operativo.[1][2] A táboa de versións no artigo da wiki inglesa reflicte este desenvolvemento con bastante exactitude. ☣Banjo tell me 31 de agosto de 2016 ás 07:18 (UTC)[responder]
Referencias
- ↑ Hunter, David (1983). "The Roots of DOS: Tim Paterson" (en inglés). Softalk.
- ↑ Paterson, Tim (1983). "A Short History of MS-DOS". Byte (en inglés) 8. ISSN 0360-5280.