Saltar ao contido

Wiener Schnitzel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wiener Schnitzel con patacas servido nun restaurante de Carintia, Austria.
Wiener Schnitzel con ensalada.

O Wiener Schnitzel ou escalope ao estilo de Viena é un dos pratos máis coñecidos da gastronomía austríaca. Está considerado como o prato nacional de Austria.[1]

Preparación

[editar | editar a fonte]

O Schnitzel de Viena faise tradicionalmente cun corte fino de carne de vitela, que se amolece previamente coa axuda dun mazo. Logo a carne rebózase en fariña de trigo, ovo e pan relado antes de frixila en manteiga ou pingo de porco. As faragullas de pan ás veces mestúranse con pementa negra acabada de moer. Actualmente, é máis habitual facelo con escalopes de porco.

De acordo coa tradición, o Schnitzel preséntase con ensalada de pataca e anacos de limón. As patacas asadas ou fritidas, o arroz e o mollo de froitos silvestres son opcionais.

As variantes feitas con carne de porco e, máis recentemente, con pavo volvéronse moi populares. Como consecuencia, as autoridades alimentarias austríacas esixen que se indique a carne nos menús cos nomes "Schnitzel vom Schwein" (de porco) ou "Schnitzel von der Pute" (de pavo), nos casos nos que non se empregue a vitela. Outra alternativa é "Schweinsschnitzel Wiener Art" (escalope de porco ao estilo de Viena).

  1. "Wiener Schnitzel – Austria’s National Food". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]