Pan relado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pan relado nun prato.

O pan relado é pan duro, xeralmente seco de varios días, que foi finamente moído mediante un relador ou muíño. A súa textura fariñenta emprégase na elaboración de diferentes pratos e alimentos en forma de rebozados, empanados ou gratinados, coa intención de proporcionar unha codia dura ao fritilos ou enfornalos. Exemplos destas aplicacións son: as croquetas, os Wiener Schnitzel, as milanesas. Outras veces emprégase como medio aglutinante; como se pode empregar na masa cárnica das albóndegas, nos gazpachos.

Características[editar | editar a fonte]

É unha forma caseira de aproveitar o pan duro de varios días, aínda que se pode secar o pan no forno se se desexa: 100 °C durante media hora. É máis frecuente ver o pan relado orixinario de pan branco debido a que é máis susceptible de poñerse duro. O pan relado pode conservarse nun sitio seco durante varios meses. Comercialízase nas panadarías e nos supermercados, e igualmente elabórase cos restos atrasados ou non vendidos. O pan relado comercial pode levar outros ingredientes como amidón de maínzo e emulxentes diversos, espesantes, antioxidantes e gasificantes (bicarbonato sódico e difosfato disódico).

Tamén se pode aromatizar o pan relado con certos ingredientes (como, por exemplo, allo), especias (como pirixel finamente picado), sal, etc., para que ao aplicarse aos alimentos proporcione maior sabor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]