IES Afonso X O Sabio
IES Afonso X O Sabio | |
---|---|
Enderezo | |
Rúa Río Sil, nº 9 A Barcala, Cambre | |
Datas | |
Creación | 1998-1999 |
Inauguración | 1999-2000 |
Reformas | 2006 |
Educación | |
Ensinanzas | Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación profesional |
Alumnos | 800 |
Xestión | |
Tipo | público |
Director | Belén Vidal Marcote |
Vicedirector | Beatriz Alonso Pérez-Ávila |
Xefe de estudos | Verónica Pérez Rouco |
Secretario | Rosa Maceiras Miñán |
Na rede | |
Web |
O Instituto de Educación Secundaria Afonso X O Sabio é un centro público de ensino secundario no municipio de Cambre. Foi creado no curso 1998-99, e desde o curso seguinte xa conta con instalacións de seu, ampliadas en 2006.
Características
[editar | editar a fonte]No IES impártense clases da Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos da familia profesional de Administración e Xestión e FP Básica. A súa misión é a da formación de persoas nos ámbitos educativo, académico, profesional e cultural, nun clima de convivencia e respecto mutuo, que atenda á diversidade de capacidades e expectativas. En 2024 o centro contaba cuns 800 estudantes.
Durante anos, o centro fixo un impulso forte para mellorar as instalacións, así como a súa biblioteca. Pero en liñas xerais este instituto destaca polo seu forte compromiso co desenvolvemento de proxectos de centro: proxectos de innovación educativa, convivencia, artes, deportes, seccións bilingües e novas tecnoloxías (e-Dixgal e Abalar), entre outros.
Premios e proxectos
[editar | editar a fonte]No ano 2008 recibe o "3º Premio de Bibliotecas Escolares" no "Concurso Nacional de Buenas Prácticas para la Dinamización e Innovación de las Bibliotecas de los Centros Educativos" do Ministerio de Educación de España. O premio foi o recoñecemento do labor desenvolvido nos sete cursos anteriores[1].
No ano 2013, o centro recibe o 1º premio ás boas prácticas de innovación educativa[2] co proxecto "Un modelo de convivencia", no que se resumen as prácticas de convivencia realizadas no centro desde 10 anos antes, que se seguen a desenvolver, contando cun programa de mediación entre iguais[3], alumnado axudante, aula de reflexión e aula de convivencia.
O centro tamén é coñecido, desde as súas orixes, polo desenvolvemento de proxectos internacionais, sendo un centro pioneiro neste tipo de programas cos que están realizando programas de intercambio subvencionados polo SEPIE (Axencia Nacional en España da Comisión Europea).[4] A partir do curso 2016-17, os programas europeos ampliáronse á Formación Profesional permitindo que alumnado de Ciclo Medio realizase as súas prácticas profesionais en Italia.[5] Esta actividade está sufragada na súa totalidade por medio dos programas KA1. Desde o curso 2021-22 o centro está acreditado para desenvolver proxectos internacionais nas modalidades de Educación Escolar (sendo seleccionados solo sete institucións desta modalidade en toda Galicia) e nas de FP (sendo seleccionados 18 centros de toda Galicia)[6]. A través destas acreditacións o centro pode desprazar unha porcentaxe moi elevada dos estudantes do centro para realizar actividades de formación no estranxeiro.
Desde o curso escolar 2012-2013 desenvólvense no centro diversos Plans de Formación en Centros para o profesorado pertencente ao claustro. As temáticas desenvolvidas inténtanse relacionar directamente cos proxectos de centro, así pois téñense realizado actividades formativas en novas tecnoloxías, desenvolvemento de proxectos internacionais, mellora da convivencia, clubs de ciencia ou bibliotecas escolares.
En 2021 o Instituto foi galardoado nos premios Innovagal 2020-2021[7]co 2º premio na modalidade Centro Educativo e o 1º premio na modalidade Docente. Tamén a docente Isabel González acadou o segundo premio no certame “Xente que fai Historia: Como ensinas Xeografía e Historia?”, da Facultade de Historia do campus de Ourense, da Universidade de Vigo e as alumnas Sara Ramos López e Uxía Varela Castro, baixo a coordinación da profesora María Varela, gañaron o certame "Explícoche matemáticas 2.0" co seu vídeo "A primeira programadora"[8] dedicado a Ada Lovelace, cuxas achegas a levaron a formar parte da historia da computación.
En novembro de 2021 a profesora Isabel González foi recoñecida co terceiro premio na XIII Edición dos Premios Educacompostela de recursos didácticos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica polo seu traballo "Afonso reporteiros" presentado a finais do curso 2020-21 sobre Afonso X[9].[10][11][12][13]
No ano 2022, o proxecto "Simulación de empresas en el aula Vs trabajo real en empresas" (2018-21) foi nomeado entre os seis mellores de España na súa categoría como candidato por España para os premios EITA[14] por parte do SEPIE.
En novembro de 2022 a profesora de Xeografía e Historia, Isabel González, recibiu o terceiro premio de EducaCompostela na súa edición XIV, co proxecto "Xogamos? Unha porta á imaxinación". O xurado valorou o feito de que "se implique directamente na elaboración de materiais didácticos que terán proxección ao seren empregados por outros compañeiros e compañeiras do centro educativo". Este proxecto traballa os contidos de Xeografía e Historia (2º ESO) dunha maneira lúdica, personalizando unha colección de xogos de mesa[15][16].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El IES Alfonso X O Sabio de Cambre recibe un premio de Educación". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2009-12-02. Consultado o 2021-05-08.
- ↑ 1º premio ás boas prácticas de innovación educativa
- ↑ "Una experiencia en abordar el acoso en un marco de convivencia positiva - DYLE". www.dyle.es. Consultado o 2022-11-21.
- ↑ Programas de intercambio
- ↑ Programas europeos
- ↑ Centros seleccionados
- ↑ premios Innovagal
- ↑
- ↑ Horas, Compostela 24. "Xa se coñece o veredicto da XIII Edición dos Premios Educacompostela". Compostela 24 Horas (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-21.
- ↑ O IES Afonso X O Sabio resultou galardoado nos premios Innovagal 2020-2021. 2º premio na modalidade Centro Educativo e 1º premio na modalidade Docente.
- ↑ "El IES Afonso X O Sabio recibe o 2º premio Innovagal polo seu compromiso coa innovación educativa. Isabel González, profesora do centro de ensinanza, alcanzou, ademais, o único galardón na categoría de Humanidades da modalidade docente". El Noticiero de Arteixo. 6 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de febreiro de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ Redacción (2021-07-01). "Un proyecto del Afonso X O Sabio, finalista en un premio sobre educación en Historia". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-07-02.
- ↑ "Un vídeo divulgativo sobre “a primeira programadora” Ada Lovelace imponse no certame ‘Explícoche matemáticas 2.0’". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-07-02.
- ↑ Premios EITA
- ↑ Santiago, Concello de. "Un traballo do IES A Cachada de Boiro gaña a XIV edición dos Premios Educacompostela - Noticias. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal (en inglés). Consultado o 2022-12-24.
- ↑ V, M. (2021-02-06). "Un instituto de Cambre y dos profesores, premiados por la innovación en educación". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-06-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Martínez García, Antonio: “Unha biblioteca para o futuro”. En Ensaio, revista do C.F.R da Coruña, VIII, 8, 2006, pp. 56-61
- Beltrán Domínguez, Isabel. Entrevista a Antonio Martínez, coordinador do Equipo da Biblioteca escolar do IES Afonso X O Sabio. En Mi Biblioteca, IV, nº 12, 2008, pp. 72-75.
- Martínez García, Antonio e Velasco, Amelia. “IES Afonso X O Sabio”. En Bibliotecas Escolares. Premios 2008. Madrid, Ministerio de Educación, 2009, pp. 189-197.
- Martínez García, Antonio. “O bosque animado”. De almacén a biblioteca: Diez años de trabajo de la biblioteca del IES Afonso X O Sabio de Cambre (A Coruña). En Boletín de la Asociación Andaluza de Bibliotecarios. 25, nº 98-99, xaneiro-xuño 2010, pp. 235-252.
- Borrajo, Gena.”El reto de convivir: IES Afonso X O Sabio”. En Cuadernos de Pedagogía, 459 setembro 2015.
- Moreira, Marta e alumnado do IES Afonso X. “Pieles”. En José María Mesías Lema. Educación Artística Sensible. Cartografía contemporánea para arteducadores. Barcelona, Graó, 2019, pp.164-165.
- Ramos, Xosé "Una experiencia en abordar el acoso en un marco de convivencia positiva. IES Alfonso X O Sabio de Cambre- A Coruña" . En Revista digital Dirección y Liderazgo Educativo (DYLE), 9 (pp 44-47), 2021. Madrid.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do centro
- Blog da biblioteca do centro
- Blog de proxectos internacionais
- Blog de actividades extraescolares
- Canle en Yotube: Ies Afonso X
- Canle en Youtube: Reporteiros viaxeiros
- Blog de Historia da Arte: Iniciarte
- Acto de clausura "21 días co galego"