Warner Baxter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Warner Baxter
Warner Baxter in 1924 - (SAYRE 3782) (cropped).jpg
Nome completoWarner Leroy Baxter
Nacemento29 de marzo de 1889
LugarColumbus
Falecemento7 de maio de 1951
LugarBeverly Hills
Causapneumonía
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enSan Francisco Polytechnic High School
Cónxuxe(s)Winifred Bryson
Profesiónactor, actor de teatro, actor de cinema e inventor
Na rede
IMDB: nm0062828 Allocine: 17095 Rottentomatoes: celebrity/warner_baxter Allmovie: p4681 TCM: 11781 TV.com: people/warner-baxter IBDB: 31335
Discogs: 2278279 WikiTree: Baxter-2937 Find a Grave: 3559 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Warner Baxter, nado en Columbus, Ohio en 1889 e finado en 1951, foi un actor norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo cativo trasladouse coa súa nai a San Francisco en 1898. Logo do terremoto de San Francisco de 1906 a súa familia tivo que vivir nunha tenda por dúas semanas. En 1910 debutou como actor nun vodevil e posteriormente pasou ao teatro e, dende 1921, ao cine.

Baxter iniciou a súa carreira cinematográfica como extra. Tivo o seu primeiro papel protagonista en 1921 na película Sheltered Daughters. Durante os anos 1920 actuou en 48 películas. A súa actuación máis famosa foi como Cisco Kid en In Old Arizona, papel polo que recibiu o Oscar ao mellor actor. Tamén actuou en Grand Canary, Broadway Bill e Kidnapped

Para 1936, Baxter era o actor mellor pagado de Hollywood, pero para 1943 pasara a realizar películas de clase B. Protagonizou unha serie de película do Crime Doctor para Columbia Pictures.

Entre 1914 e 1950, Baxter realizou máis de cen películas. Estivo casado coa actriz Winifred Bryson desde 1918 ata a súa morte.

Baxter sufría de artrite, polo que realizouse unha lobotomía para reducir a dor. Morreu pouco despois de pneumonía e foi enterrado no Forest Lawn Memorial Park en Glendale (California).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]