Vsevolod Roshko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Всеволод Леонидович Рошко
(Vsevolod Leonidovich Roshko)
Sacerdote da Igrexa católica bizantina rusa (Igrexa católica)
Biografía
Nacemento23 de maio de 1917 en Moscova, Imperio Ruso
Pasamento13 de decembro de 1984 en Xerusalén, Israel
Ordes
Ordenación sacerdotal1946

Vsevolod Leonidovich Roshko (en ruso: Всеволод Леонидович Рошко, coñecido en francés: Vsevolod Rochcau), nado o 23 de maio de 1917 en Moscova (Imperio Ruso) e finado o 13 de decembro de 1984 en Xerusalén (Israel), foi un sacerdote católico ruso, historiador da Igrexa, misioneiro, participante do apostolado ruso, e activista na diáspora rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia nobre, descendente do boiardo Dimitrie Cantemir, Vsevolod Roshko foi bautizado na Igrexa ortodoxa rusa, aínda que tanto o seu irmán Georgii como el mesmo se converterían máis tarde en sacerdotes católicos. O seu tío paterno, Vladimir Aleksandrovich Roshko, serviu como oficial no exército de Crimea-Azov, participando no movemento branco en 1919, e sendo torturado polos bolxeviques en Mykolaiv.

Despois de 1917 a súa familia exiliouse ao Xapón, en 1918 trasladáronse aos Estados Unidos de América, e en 1920 novamente a Europa. A partir de 1923 viviron en París, onde Vsevolod graduouse en 1936 da escola secundaria e matriculouse na universidade. Como o seu irmán máis vello, Vsevolod converteuse ao catolicismo e entrou na Orde dos Predicadores, aínda que non chegou a facer os votos. Máis tarde ingresou nos Pequenos Irmáns de Xesús do beato Charles de Foucauld.

En 1946 foi ordenado sacerdote en Roma e pasou a atender aos refuxiados rusos en Italia. Posteriormente foi trasladado a Bos Aires, onde exerceu o seu ministerio na Parroquia dos Santos Pedro e Paulo e na Igrexa da Transfiguración, hoxe parte do ordinariato para os fieis de rito oriental da Arxentina.

En 1949 foi enviado á comunidade católica rusa de Santiago de Chile, e máis adiante á misión católica rusa de Dillingham (Alasca). Neste destino Roshko dedicouse ao estudo en profundidade da vida e obra do misioneiro ruso Xermán de Alasca. En 1964 trasladouse a Israel, onde exerceu de subdirector dunha casa para a acollida de peregrinos pobres, a "Casa de Abraham", baixo a xurisdición da Igrexa católica greco-melquita.

Notas[editar | editar a fonte]