Voo 902 de Korean Air Lines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Voo 902 de Korean Air Lines
Korean Air Lines Boeing 707 Fitzgerald.jpg
Boeing 707 semellante ao do accidente
Resumo
Data  20 de abril de 1978
Causa  derrubado
Lugar  preto de Loukhi
Coordenadas  66°02.893′N 33°04.321′L / 66.048217, -33.072017Coordenadas: 66°02.893′N 33°04.321′L / 66.048217, -33.072017
Orixe  París-Orly
Derradeira escala  aeroporto de Anchorage
Destino  aeroporto de Gimpo
Finados  2
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 707-321B
Operador  Korean Air Lines
Rexistro  HL7429
Pasaxeiros  97
Tripulación  12
Superviventes  107

O voo 902 de Korean Air Lines era un servizo regular dende a París a Seúl cunha escala en Anchorage. O 20 de abril de 1978 a defensa aérea soviética derrubou o avión que operaba a ruta, un Boeing 707, preto de Murmansk, na Unión Soviética, despois de que o aparello violase o espazo aéreo soviético.[2][3]

O voo 902 desviárase do seu curso sobre o Ártico e entrou no espazo aéreo soviético preto da península de Kola, despois do cal foi interceptado e disparado por un avión soviético. O incidente matou dous dos 109 pasaxeiros e tripulantes a bordo e obrigou o avión a realizar unha aterraxe de emerxencia no lago conxelado Korpiyarvi, preto da fronteira finesa.[1]

Eventos[editar | editar a fonte]

O voo 902 saíu de París ás 13:39 hora local en dirección a Seúl.[2] A única escala programada era en Anchorage, Alasca, onde sería reabastecido de combustible para continuar ata Seúl evitando o espazo aéreo soviético.[2] Estaba comandado polo capitán Kim Chang Kyu, co copiloto S.D. Cha e o navegador Lee Khun Shik completando a tripulación de voo.[3][4] O avión fixo comprobacións regulares de readio cando voaba cara o noroeste, a derradeira delas cinco horas e 21 minutos despois da engalaxe, preto de CFS Alert na illa Ellesmere.[2] A traxectoria de voo do avión ía case directamente ao polo norte magnético, causando grandes erros nos sistemas de navegación baseados nun compás magnético. A súa traxectoria cambiou entón cara o sueste e voou sobre o mar de Barents e cara o espazo aéreo soviético, estimándose a chegada ao espazo aéreo soviético en tres horas despois de xirar cara o sur.[2]

Defensa aérea soviética[editar | editar a fonte]

O radar de defensa aérea soviética detectou ao avión ás 20:54, cando o aparello estaba a uns 400 km away de augas territoriais soviéticas.[5] Ás 21:19 o avión entrou no espazo territorial da Unión Soviética. Como a aeronave non respostou a ningunha das chamadas dende terra, un interceptor Su-15 pilotado por Alexander Bosov, foi enviado para interceptar o avión. Tras aproximarse ao KAL902, Bosov axitou as ás do Su-15 varias veces, usando o sinal internacional para que o avión de pasaxeiros seguise ao interceptor. No seu lugar o KAL902 realizou un xiro de 90º cara a fronteira entre a Unión Soviética e Finlandia. Bosov informou do intento de fuxida do espazo aéreo soviético ao oficial ao mando da defensa aérea Vladimir Tsarkov, e este, seguindo instrucións internas, ordenou a Bosov derrubar o KAL902.

Segundo as declaracións de Kim sobre o ataque, o interceptor aproximouse ao seu avión dende o lado dereito en vez de dende o esquerdo como require a regulación da Organización de Aviación Civil Internacional (ICAO).[5] Kim baixou a velocidade e acendeu as luces de navegación, indicando que estaba listo para seguir ao caza soviético para aterrar.[5]

Segundo os informes soviéticos, o avión ignorou repetidamente seguir ao interceptor.[6] O copiloto do voo 902, S.D. Cha, dixo que a tripulación intentara comunicarse por radio co interceptor, pero non recibíu resposta.[3]

Bosov intentou convencer aos seus superiores de que o avión non era unha ameaza militar, pero tras recibir ordes de derrubalo ás 21:42 disparou un mísil R-60.[5][7] O mísil pasou o obxectivo.[5] Un segundo mísil impactou contra a á esqueda, arrincando uns catro metros. O mísil tamén perforou a fuselaxe causando unha rápida descompresión e danou un dos catro motores do aparello.[5] O pasaxeiro coreano Bahng Tais Hwang morreu no ataque do mísil, que fería a varios pasaxeiros.[3]

Despois de ser impactado, o avión descendeu rapidamente dunha altitude de 9 000 m (30 000 pés).[5] O aparello entrou nunha nube, desaparecendo dos radares de defensa aérea soviéticos. Os soviéticos confundiron o anaco da á que o voo 902 perdera cun mísil de cruceiro e enviaron outro Su-15 para dispararlle.[5] Bosov tivo que regresar á base xa que o seu Su-15 estaba baixo de combustible. Outro Su-15, pilotado por Anatoly Kerefov, aproximouse ao 707 e obrigouno a aterrar sobre a superficie xeada do lago Korpiyarvi ás 23:05.

Aterraxe de emerxencia[editar | editar a fonte]

Os informes do ocorrido entre o ataque do mísil e a aterraxe do voo 902 difiren. Segundo os medios soviéticos o avión voou a través de toda a península de Kola a baixa altitude durante 40 minutos, buscando un lugar onde aterrar. Tras varios intentos sen éxito, Kim pousou o avión no xeo do lago Korpiyarvi, na República Autónoma Socialista Soviética de Carelia, a uns 140 km da fronteira finesa.[5] Segundo o diario dun pasaxeiro a bordo do avión, un relato apoiado por outros pasaxeiros, pasou unha hora e 40 minutos ata a aterraxe.[3] Unhas dúas horas despois da mesma chegaron tropas soviéticas para iniciar as tarefas de rescate, tempo durante o cal o pasaxeiro xaponés Yoshitako Sugano morreu.[3]

Fontes finesas afirmaron que a defensa aérea soviética non tiña información do paradero do avión despois de que desaparecese do radar.[5] Porén, Tsarkov afirmou que outro piloto soviético, Anatoly Kerefov, localizara ao voo 902 e dirixíuno cara a base aérea de Afrikanda.[5] Tsarkov dixo que Kim quedou atrás e aterrou no lago. Kerefov dixo que practicamente obrigou ao avión a aterrar no xeo do Korpiyarvi.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Рейс "KAL" # 902 по расписанию не прибыл". nvo.ng.ru (en inglés). Consultado o 2018-12-18. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Halloran, Richard (1978-04-22). "Flight of South Korean Airliner `Very Puzzling’ to U.S. Officials". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-18. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Agony of Flight 902". Washington Post (en inglés). 1978-04-24. ISSN 0190-8286. Consultado o 2018-12-18. 
  4. Whitney, Craig R. (1978-04-30). "Soviet Frees Last 2 in Korean Plane Case". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-18. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 "Весна 1978-го. Як СРСР збив над Карелією корейський "боїнг". ФОТО". Ukrayinska Pravda. Consultado o 2018-12-18. 
  6. Whitney, Craig R. (1978-04-22). "2 Killed on South Korean Airliner That Was Forced to Land in Soviet". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-18. 
  7. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 707-321B HL7429 Korpijarvi Lake". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-18.