David García
David García | |
---|---|
![]() | |
Información persoal | |
Nacemento | David García Dapena 30 de outubro de 1977 (40 anos) Marín |
Nacionalidade | ![]() |
Equipo | |
Último equipo | Xacobeo Galicia |
Equipo(s) Pro | |
1999 2000-03 2004 2005-06 2007-08 2009-10 |
LaPecol Cantanhede LaPecol Liberty Seguros Karpin Galicia Xacobeo Galicia |
Principais vitorias | |
*![]()
|
David García Dapena, nado en Marín o 30 de setembro de 1977, é un ciclista galego que na actualidade corre co equipo Xacobeo Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como moitos outros ciclistas galegos comezou a súa andaina profesional en pequenas voltas e equipos de Portugal. No caso de David García o seu primeiro club foi o LaPecol, en 1999, ao que regresaría en 2004 logo de militar tres anos no Cantanhede. É precisamente con este último cando en 2001 consegue o seu primeiro resultado de renome, ao vencer nunha tirada da Volta a Portugal, feito que repetiría en 2002. No 2005 ficha polo tamén portugués Liberty Seguros, onde se mantén dúas tempadas.
En 2007 integra o Karpin Galicia. Con este conxunto disputa a súa primeira Vuelta a España, que remata na posición 23ª. Tamén nese ano queda sétimo no campionato de España de fondo en estrada. O ano da súa consagración foi o 2008. Nel conseguiu a vitoria na xeral da Volta a Turquía (o primeiro título dunha rolda por tiradas do seu equipo) e posteriormente a vitoria na décimo quinta tirada da Vuelta a España, con chegada en Ponferrada.
Dopaxe[editar | editar a fonte]
O 30 de setembro de 2010 a Unión Ciclista Internacional fixo público os resultados positivos dunha análise antidopaxe realizada a Ezequiel Mosquera e a David García o día 16 de setembro, durante unha tirada da Vuelta a España. A substancia presuntamente detectada é hidroxietilo, un encubridor doutras substancias[1]. Uns días máis tarde, a mesma entidade fixo público un segundo positivo[2], neste caso por EPO, durante unha tirada da mesma proba española. Este segundo positivo, a diferenza do primeiro, levaba aparellada unha suspensión con carácter provisional.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
|