Delio Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Delio Fernández
Delio Fernandez EB08.jpg
Nome completoDelio Fernández Cruz
Nacemento17 de febreiro de 1986
 Moaña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónciclista
editar datos en Wikidata ]

Delio Fernández Cruz, nado en Moaña o 17 de febreiro de 1986, é un ciclista profesional galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar aos 5 anos. A esa idade gañou o seu primeiro premio por ser o ciclista máis novo. Aos 7 anos sacou a licenza para competir en ciclismo na rúa.[Cómpre referencia]

Fíxose ciclsita profesional no ano 2008, con 21 anos. Practica o ciclismo de estrada e de ruta.[Cómpre referencia]

A súa mellor carreira foi a Volta a España no ano 2010.[Cómpre referencia]

En categorías inferiores destacou como ciclista de ciclocrós, chegando a participar nos mundiais da especialidade. En categoría Sub23 pasouse definitivamente ao ciclismo en estrada obtendo algúns postos de mérito que lle valeron para dar o salto ao profesionalismo da man do Xacobeo Galicia, en 2008. Desde o seu debut, desempeñouse como gregario e tivo opción de participar nas carreiras máis importantes que disputaba o seu equipo.[Cómpre referencia]

En 2010, trala desaparición do Xacobeo Galicia, foi dos poucos compoñentes do equipo que puido manterse en categoría de afeccionados, nas filas do equipo luso Onda, equipo onde permaneceu até 2012 sendo un dos ciclistas máis destacados da formación. Na tempada 2013 fichou polo equipo continental de Portugal OFM-Quinta da Lixa.[Cómpre referencia]

Palmarés[editar | editar a fonte]

2013

  • 1 etapa da Volta a Portugal
  • Gran Premio Liberty Seguros

2014

  • Trofeo Joaquim Agostinho

2015

  • 2 etapas da Volta a Portugal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]