A carreira correuse en 11 etapas: 9 etapas en liña das cales 2 son de alta montaña, 1 prólogo de 3,6 km por Oliveira de Azeméis e 1 contra reloxo individual final de 32 km entre Vila Franca de Xira e a capital. En total, os ciclistas fixeron 1.618,7 km.
O gañador da Grandíssima foi o luso Rui Vinhas que aproveitou unha fuga de case 5 minutos con respecto ao pelotón na terceira etapa, que lle serviu para aguantar co xersei amarelo até o final. Na segunda posición final rematou o galego gañador das dúas edicións anteriores e máximo favorito ao título, Gustavo César Veloso. Ademais, o arousán gañou tres etapas (as dúas máis importantes e a contra reloxo final) e maillot verde dos puntos. No terceiro lugar rematou o tamén luso Daniel Silva.
Tras varios anos con tan só 1 equipo Profesional Continental, este ano a calidade volveu aumentar. Na carreira participaron 18 conxuntos, dos cales 5 foron de categoría Profesional Continental e 13 de categoría Continental (6 portugueses e o resto estranxeiros).