Vladimír Remek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vladimír Remek
VladimirRemek.jpg
Datos persoais
Nacemento26 de setembro de 1948
LugarČeské Budějovice
Actividade
MisiónsSoiuz 28
Tempo no espazo7,93 días
PremiosOrde de Lenin, Heroe da Unión Soviética, Order of Klement Gottwald, Hero of the Czechoslovak Socialist Republic, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e honorary citizen of Prague
Vladimír Remek - podpis.jpg
editar datos en Wikidata ]

Vladimír Remek, nado en České Budějovice o 26 de setembro de 1948, é un astronauta e político checo que formou parte da misión Soiuz 28.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Remek graduouse en física e matemáticas en Cheslva en 1966 e entrou na Escola de Alta Aviación de Coshice, de onde se graduou en 1970. Serviu na Forza Aérea da República Checa (ala Zvolensk) e en 1976 recibiu adestramento na Academia Gagarin da Forza Aérea na Unión Soviética. Foi seleccionado como cosmonauta en 1976 para participar no programa Interkosmos xunto con Oldrich Pelczak. Participou na misión Soiuz 28, pasando un total de 7,93 días no espazo. Máis tarde continuou a súa carreira na Forza Aérea e traballou como asistente do xefe do Instituto de Investigación Militar de Checoslovaquia.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Remek, Vladimír 'Volodya'" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 NASA (ed.). "Vladimír Remek" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]